Dorgali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dorgali é un concello italiano da provincia de Nuoro, na rexión de Sardeña. Ten 8.290 habitantes (en 2004) e esténdese por unha área de 224 km², cunha densidade de poboación de 37 hab/km².

Fai fronteira cos concellos de: Baunei, Galtelli, Lula, Nuoro, Oliena, Orgosolo, Orosei, Orune e Urzulei.

Economía[editar | editar a fonte]

Dorgali vive sobre todo do turismo e as actividades que a el se ligan. Ademais das praias cabe mencionar sitios de interés arqueolóxico como poboados nuráxicos no monte Tiscali e en Serra Orrios, entre outros. A artesanía é variada e importantes son os labores de filigrana de ouro. Prodúcense tamén cerámicas artísticas, pel, tapetes e coitelos.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]