Donosti (automoción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Donosti
Fundación1924 - 1928
LocalizaciónDonostia España España
Persoas claveAgustín Mañero Alonso e Gregorio Mendiburu
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Donosti foi un fabricante español de automóbiles con sede en Donostia de 1924 ata 1928.

Historia da Compañía[editar | editar a fonte]

Agustín Mañero Alonso e Gregorio Mendiburu decidíronse en 1924, á fabricación dun vehículo propio. Eran os propietarios do "Garaje Internacional" en San Sebastián, unha empresa con talleres e fundicións, remataron a aventura en 1928 logo de fabricar unha soa unidade.

O primeiro modelo foi un coche deportivo. Tiña un motor de seis cilindros de 3962 cc e tecnoloxía de catro válvulas. A carrozaría era de aluminio. Aínda que as diversas informacións sobre o número de vehículos fabricados deste modelo varían entre un e tres, nunca se chegou a fabricar un segundo coche. Aínda existe o vehículo hoxe en día.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Harald Linz und Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie., United Soft Media Verlag GmbH, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8 (en alemán)
  • Nick Georgano: The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile, Volume 1 A–F. Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1 (en inglés)
  • G. N. Georgano: The New Encyclopedia of Motorcars, 1885 to the Present. Dutton Verlag, Nova York 1982, ISBN 0-525-93254-2 (en inglés)
  • G. N. Georgano: Autos. Encyclopédie complète. 1885 à nos jours. Courtille, 1975 (en francés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]