Dong Fang Hong 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dong Fang Hong 1
DFH-1 Satellite.jpg
Reprodución do Dong Fang Hong 1
Tipo Experimental.
Organización CAST
Destino actual Retirado.
Satélite de Terra
Data de lanzamento 24 de abril de 1970[1][2][3]
Foguete portador CZ-1[2][4][3]
Sitio de lanzamento Centro de lanzamento de Jiuquan[2][5]
Obxectivo da misión Experimental.[2]
NSSDC ID 1970-034A
Masa 173 kg[2][5]
Dimensións Poliedro de 1 m de diámetro.[5]
Semieixo maior 7626,2 km[1]
Inclinación 68,4 graos[1]
Apoapse 438,8 km[1]
Periapse 2071,5 km[1]

Dong Fang Hong 1, tamén coñecido polo seu acrónimo DFH-1, foi o primeiro satélite artificial lanzado por China. Despegou a bordo dun foguete CZ-1 o día 24 de abril de 1970 desde o centro de lanzamento de Jiuquan, facendo de China o quinto país en poñer un satélite en órbita polos seus propios medios.[2][5]

Características[editar | editar a fonte]

DFH-1 lanzouse como satélite de comunicacións experimental, cun radiotransmisor a bordo. A súa función principal foi reproducir a canción Don Fang Hong (O leste é roxo), símbolo da revolución maoísta.[2]

O satélite tiña forma de esfera dun metro de diámetro. Deixou de transmitir en xuño de 1970.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "DFH-1" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=4382. Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "PRC 1" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1970-034A. Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 8 June 2005 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (05-86264(E)): 2. 16 de novembro de 2005. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=2263.
  4. "DFH 1" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/dfh-1.htm. Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "DFH-1" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/dfh1.htm. Consultado o 14 de xaneiro de 2012.