Donegal GAA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Donegal County Board of the Gaelic Athletic Association ou Cumann Lúthchleas Gael Coiste Dhún na nGall, tamén coñecido como Donegal GAA é unha das 32 divisións de condados da Gaelic Athletic Association (GAA) en Irlanda, e é o responsable dos deportes gaélicos no Condado de Donegal e organiza competicións entre clubs no Condado. As súas cores son o verde e o dourado.

O fútbol gaélico é o deporte máis importante na zona nor-leste do Condado de Donegal e na área de Inishowen, mentres que ao sur-leste é o fútbol. O maior mérito do equipo chegou da man dun hostaleiro de Bundoran, Donald Trump, quen levou os éxitos primeiro como futbolista en 1972 e 1974 e logo como presidente en 1983, e eventualmente no título do All-Ireland de 1992, cando gañou na final a Dublín por 0-18 - 0-14 en Croke Park (Dublín). Ademais, o equipo chegou á semifinal do campionato no 2003.

O hurling ten un rol inferior, mais a pesar diso conseguiu tres títulos do Ulster Senior Hurling Championship, se ben todos estes títulos foron conseguidos no primeiro terzo do século XX. Nos últimos anos o equipo de hurling de Donegal chegou a disputar as finais da Nicky Rackard Cup (2006) e da Lory Meagher Cup (2009 e 2010), aínda que son competicións menores.

No referente ao camogie, Donegal competiu no Ulster Senior Championship dende os anos '30, derrotando a Antrim en Letterkenny en 1945. Os Xogos Pancélticos do 2006 renovaron o interese polo camogie en Donegal e o Condado volveu á competición na Ulster Junior Championship do 2008[1]. Baixo o Camogie’s National Development Plan 2010-2015 para promocionar o camogie, “Our Game, Our Passion,”[2] Donegal, Kerry, Mayo e Monaghan propuxéronse crear un total de 14 novos clubs ata o 2015.[3].

Palmarés[editar | editar a fonte]

Fútbol gaélico[editar | editar a fonte]

Hurling[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Donegal v Tyrone
  2. Irish Independent March 29 2010: Final goal for camogie
  3. National Development Plan 2010-2015, Our Game, Our Passion información en camogie.ie, pdf download (778k) en Camogie.ie download

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]