Donald Ramotar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDonald Ramotar
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Caria Caria
Cargos
Presidente de Güiana
Período3 de decembro de 2011 - presente
AntecesorBharrat Jagdeo
Datos persoais
País de nacionalidadeGüiana Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Guiana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico
Partido políticoPeople's Progressive Party
Premios

Donald Ramotar, nado o 22 de outubro de 1950, é un político güianés, elixido en 2011 como presidente do país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou no Partido Progresista do Pobo a principal forza da descolonización na Güiana en 1967. Licenciado en Economía pola Universidade da Güiana, medrou na estrutura da formación ao longo da década dos setenta ata chegar ao seu comité executivo en 1983. En 1988 foi designado encargado de relacións internacionais do Sindicato Labrego da Güiana, posto que ocupou ata 1992.

O esquerdista e etnicamente indostaní PPC escolleuno como un dos candidatos ao Parlamento da Güiana en 1992, onde conseguiu o escano ao mesmo tempo que o líder da formación, Cheddi Jagan se facía co poder logo de varias lexislaturas na oposición. Reelixido continuamente dende eses comicios, a partir de 1993 ocupou ademais a secretaría executiva do PPP. Logo do falecemento de Jagan, Ramotar foi elixido o novo secretario xeral do partido, en 1997. Durante a primeira década do século XXI foi sumando poder na estrutura do partido: reelixido para o Comité Executivo, e como secretario xeral, tamén accedeu ao consello editorial do xornal de partido Thunder (trebón), mentres que o líder público do PPP, Bharrat Jagdeo, ocupaba a presidencia.

En 2011 os dous termos máximos para a presidencia de Bharrat Jagdeo chegaron á súa fin e anunciou que deixaría a presidencia ao remate do ano. Ramotar foi daquela escollido líder da formación para a contenda electoral sen oposición interna[1] e semanas despois Jagdeo nomeábao conselleiro político, o seu primeiro cargo na goberno en todos eses anos. As eleccións celebráronse o 28 de novembro de 2011, e Ramotar foi proclamado vencedor catro días máis tardes logo dun reconto moi axustado. Ramotar conseguira a vitoria, pero quedaba a un escano da maioría absoluta. Conforme a lexislación güianesa iso encargáballe a tarefa de gobernar pero ao mesmo tempo en ausencia de maioría parlamentaria.


Predecesor:
Bharrat Jagdeo
 Güiana
Presidente de Güiana
 
2011 -
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]