Donón, O Hío, Cangas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Donón")
Donón
Facho 2.jpg
O Facho, en Donón.
Parroquia O Hío
Concello Cangas
Poboación 173 hab. (ano 2011)

Donón é unha pequena aldea da parroquia do Hío, ao oeste do concello de Cangas do Morrazo, famoso polas súas praias e vistas privilexiadas das illas Cíes e Ons. Segundo o IGE[1], en 2011 contaba con 173 habitantes (83 homes e 90 mulleres).

Existe a polémica de se facer aldea do Parque Natural e engadila ao Parque nacional das Illas Atlánticas. Os veciños están en contra debido á problemática que existe xa que non se permitiría a construción nin arranxo de vivendas ou parcelas; tanto de camiños como de rúas.[Cómpre referencia]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Donón é un termo derivado do celta "dunium"[Cómpre referencia], relaciónase co deus Donn "O Escuro", o deus celta da morte (era un dos fillos de Mil na saga irlandesa), consérvase unha casa de Donn na costa irlandesa onde se despedía ao morto na súa postreira viaxe.

O Santuario do Facho[editar | editar a fonte]

Está coroado polo "Facho", un antigo santuario romano dedicado ao deus lar Berobreo. A escavación no Monte do Facho forma parte dun proxecto de investigación adicado ao estudo da romanización dos santuarios indíxenas no occidente hispánico. A primeira campaña levou ao achado do santuario de Berobreo ata agora descoñecido. Atopáronse máis de 180 aras, moitas delas in situ, e observouse a existencia dos lugares da súa colocación exacta. Algunhas localizacións forman parte dun recinto maior. O santuario dátase entre os séculos III-IV d.C. e construíuse enriba dun castro anteriormente abandonado. O primeiro asentamento parece datar da Idade de Bronce e ter un gran tamaño, o segundo xa pertencente á segunda metade do primeiro milenio é un castro da mediano tamaño. Foi abandonado pola gran influencia romana aínda que seguiu existindo como santuario de peregrinación sobre as ruínas do poboado.

Praias[editar | editar a fonte]

Posúe dúas praias principais como lugar de peregrinación no verán, a de Melide e a de Barra, esta última unha das praias nudistas máis coñecidas de Galiza.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do Hío, Cangas

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do Hío[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Hío, no concello pontevedrés de Cangas

Donón | O Igrexario | Liméns | Nerga | Pinténs | Vilanova | Vilariño

Parroquias de Cangas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cangas

Aldán (San Cibrán) | Cangas (Santiago e San Salvador) | Coiro (San Salvador) | Darbo (Santa María) | O Hío (Santo André)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guía Completa del mundo Celta. Miranda Green. Oberón, 2004. É a versión en castelán do "Dictionary of Celtic Mith and Legend" (Thomas&Hudson, 1992).