Dominique Strauss-Kahn
Dominique Strauss-Kahn, nado en Neuilly-sur-Seine o 25 de abril de 1949, é un político francés. Forma parte do Partido Socialista. Foi profesor de Economía na Universidade de Nancy (1977-1980), ministro do Comercio Exterior desde maio de 1991 até marzo de 1993, ministro de Economía desde xuño de 1997 até novembro de 1999. É tamén deputado do Val-d'Oise e suplente do alcalde de Sarcelles. Defínese como socialdemócrata. Dende novembro 2007 é o presidente do FMI.
Índice |
Arresto en Nova York [editar]
O 14 de maio de 2011 foi detido no aeroporto JFK de Nova York, acusado dos cargos de agresión sexual a unha traballadora do Sofitel New York Hotel de Manhattan.[1][2] Estivo retido na comisaría do Departamento de Policía de Nova York no Harlem, onde foi acusado de «asalto sexual, intento de violación e rapto». Os seus avogados, Benjamin Brafman y William Taylor anunciaron que «se declarara non culpábel», posto que din ter unha coartada sólida, na que Strauss-Kahn se atopaba xantando coa súa filla no momento do presunto ataque.[3]
Segundo as fontes policiais, a denunciante, unha empregada doméstica do hotel onde se aloxou, foi asaltada polo director do FMI ao saír espido da ducha. Despois, «abandonou voando o Hotel Sofitel onde se atopaba, deixando tras súa un teléfono móbil ademais dos seus efectos persoais».[4]
O 16 de maio Strauss-Kahn compareceu ante a maxistrada do caso, negándolle esta a solicitude de liberdade baixo fianza de dous millóns de dólares que presentaron os seus avogados defensores, ordenando ademais que fose enviado á célebre prisión neoyorquina da illa Riker polo menos ata a próxima audiencia fixada para o 20 de maio. Na a audiencia a fiscalía alegou que a presunta agresión sexual aconteceu unha hora antes do dito ao principio, botando por terra a coartada de Strauss-Kahn. Se fose declarado culpábel dos sete cargos presentados na súa contra, Strauss-Kahn podería ser sentenciado ata un máximo de 74 anos entre reixas.[5]
| Predecesor: Rodrigo Rato |
Director xeral do FMI 2007 - 2011 |
Sucesor: Christine Lagarde |
Notas [editar]
- ↑ "IMF boss Strauss-Kahn pulled off plane, arrested in sodomy probe". http://www.nypost.com/p/news/local/imf_boss_strauss_kahn_arrested_in_Kbd7uAi594vbej3oORXfcJ.
- ↑ "Detenido en Nueva York el director gerente del FMI acusado de delito sexual". http://www.lavanguardia.com/internacional/20110515/54154432258/detenido-el-director-gerente-del-fmi-acusado-de-delito-sexual.html.
- ↑ Los abogados de Strauss-Kahn dicen contar con una sólida coartada
- ↑ Relato de una detención: 13.00 horas, hotel Sofitel, habitación 2806
- ↑ Strauss-Strauss-Kahn será trasladado a la cárcel de la isla de Riker, en El Mundo de España.