Dominici (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dominici
Imaxes reais e en falsas cores de Dominici, o brillante cráter (dentro do círculo) con sistema de raios está dentro da cunca Homer. O cráter Titian (que está moi preto de Dominici) está marcado cunha frecha branca.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Mercurio
Diámetro 19,95 km[1]
Coordenadas 1,32° N 36,45° O[1]
Procedencia do nome Maria de Dominici, Escultora e pintora maltesa.[1]

Dominici é un cráter do planeta Mercurio. Os raios brillantes de Dominici indican que é relativamente novo, os cales aparecen en azul nas imaxes en falsas cores. Dominici tamén ten ese mesmo material azul brillante no seu chan e está rodeado por material expelido do cráter que aparece nunha falsa cor laranxa. Estas diferenzas de cor, como tamén acontece nas proximidades do cráter Titian, suxiren que o cráter de impacto escavou o material de debaixo da superficie de Mercurio, xa que a composición do subsolo difire da composición da superficie circundante do cráter. Dominici queda dentro dunha estrutura de impacto moito maior, a Conca Homer.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 USGS Astrogeology (ed.). "Planetary Names: Crater, craters: Dominici on Mercury". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 15-06-2013. 
  2. "PIA13469: Dominici Colors Mercury's Landscape". Consultado o 15-06-2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]