Domingo Pombo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDomingo Pombo
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de outubro de 2002 Editar o valor em Wikidata (93/94 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Domingo Pombo López, nado en Ferrol en 1908 e finado en Santiago de Compostela o 2 de outubro de 2002, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Galeguista, foi nomeado Presidente do Partido Galeguista de Ferrol en 1935. Pertenceu ao Comité Executivo da Fronte Popular de Ferrol en representación do Partido Galeguista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e ocultouse en Vigo.

O 23 de abril de 1937, estando agochado en Vigo, quedara con outros nove camaradas para fuxiren a Francia, mais foron delatados e produciuse o asalto do bou Eva. Pombo, que fora informado con pouca precisión, chegou tarde, circunstancia que o salvou da morte.

Viviu agochado nun faiado en Vigo durante cinco anos e logo marchou a Santiago de Compostela, onde estivo outros cinco anos tamén oculto noutro faiado. En 1945 puido saír. Nos anos sesenta integrouse no Partido Socialista Galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]