Domingo Enrique Aller Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Domingo Tomás Enrique Aller Rodríguez, nado en Betanzos o 1 de xullo de 1846 e finado en Lalín o 2 de maio de 1916, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan de Aller Carro e irmán de Saturnino Aller Rodríguez. Foi notario de Lalín. Publicou varias obras de dereito como Las huelgas de los obreros e El Estado y las clases obreras, polas que recibiu o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas. Casou con Antonina Camila Ulloa Madriñán, filla de Juan Ramón Ulloa Pimentel, e foi pai de Ramón María Aller Ulloa[1].

Obras[editar | editar a fonte]

  • Estudios elementales de Economía Política, 1874.
  • Exposición elemental teórico-histórica del Derecho Político, 1875.
  • Las huelgas de los obreros, 1886.
  • El Estado y las clases obreras, 1894.
  • Las grandes propiedades rústicas en España, 1912.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]