Dolores Lorenzo Salgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDolores Lorenzo Salgado
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1905 Editar o valor em Wikidata (118 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Dolores Lorenzo Salgado, nada en Lugo o 10 de novembro de 1905, foi unha química galega.[1] Foi a primeira docente na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, xa que foi nomeada como profesora auxiliar o 15 de setembro de 1930 para a materia de Química técnica a proposta do profesor Zurimendi.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Manuel Lorenzo Gil e de Luísa Salgado, naturais de Ourense e veciños de Lugo, fixo o exame de ingreso na Escola Normal de Mestras de Lugo en 1921 onde cursou o bacharelato dende 1921 a 1925, examinándose de varias materias en Lugo e outras no Instituto de Santiago.

Estudou na Facultade de Ciencias de Santiago (sección Química) dende 1925 a 1930 cun expediente salientable. Simultaneou os estudos de Química e Farmacia. Realizou o exercicio de reválida para obter o grao de licenciada o 6 de maio de 1931, obtendo a cualificación de sobresaínte.

No ano 1939 solicitou traslado de expediente á Facultade de Farmacia de Madrid. Foi unha das cinco primeiras mulleres galegas que publicaron na revista Anales de la Sociedad Española de Física y Química nun momento no que o número de publicacións por parte de mulleres na revista procedía fundamentalmente da Universidade Central e so outras cinco mulleres publicaban dende as universidades periféricas.

Publicou en Anales de la SEFQ, xunto con Isidro Parga Pondal, en 1930, un traballo titulado Sobre la presencia de la Magnetita y de la Ilmenita en las arenas de las playas gallegas, enviado dende o Laboratorio de Química Analítica da Facultade de Ciencias de Santiago e co que ingresou no Seminario de Estudos Galegos.[2]

A pesar de publicar en Anales, Dolores Lorenzo non chegou a ser socia da SEFQ.

O traballo citado anteriormente foi tamén publicado no Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela e relacionado no Chemical Abstract[Ligazón morta] [3] baixo o título Magnetite and ilmenite on The northwest coast of Spain.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Pintos Barral, Xoana e Liste, Socorro. "Las primeras docentes de ciencias en la Universidad de Santiago." (PDF). Consultado o 30-12-2020. 
  2. Marco, Aurora. (2020). Irmandiñas. Santiago de Compostela, Galiza, U.E.: Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-466-9. OCLC 1190653388. 
  3. Leonardo, 2010, páx. 16

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leonardo Docanto, Francisco J.(2013): Isidro Parga Pondal, Doutor en Ciencias. Itinerario investigador. Recuperado de [1]
  • Pintos Barral, Xoana (2016): As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960. Recuperado de [2]
  • Marco, Aurora (2020). Irmandiñas. Laiovento. pp. 216. ISBN 978-84-8487-466-9
  • Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]