Dolmen de Menga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°01′28.51″N 4°32′46.65″W / 37.0245861°N 4.5462917°W / 37.0245861; -4.5462917

Exterior do dolmen de Menga, Antequera.

O dolmen de Menga é unha construción megalítica situada no concello de Antequera, (Málaga). Construído no 2.500 antes da era actual aínda que as datacións máis recentes son do 3790 ao 3730 antes da era actual[1].

Descrición[editar | editar a fonte]

Vista interior do dolmen.

O dolmen de Menga aparece citado por primeira vez nun manuscrito de Agustín de Tejada y Páez, de 1587, co título de Discursos históricos de Antequera no que se fala da existencia de “…una cueva que se dice de Menga y otra que junto a ella, poco ha, se ha descubierto…”[2]. En 1847 Rafael Mitjana, Arquitecto de Málaga, na súa obra titulada: Memoria sobre el templo druida hallado en las cercanías de la ciudad de Antequera[3] fai un estudo monográfico sobre Menga. En 1886 foi declarado Monumento Nacional[4].

Está situado a uns 3 km nas aforas da cidade de Antequera, Málaga xunto co dolmen de Viera e Tholos del Romeral os tres forman o maior conxunto megalítico de España e un dos maiores de Europa.

Grabados.

Na primeira lousa de entrada á esquerda hai unhas inscripcións de figuras antropomórficas.

A planta do monumento megalítico é rectangular de 27.50 m de longo e un máximo de 4 metros de altura. A entrada é de 2,70 metros e amplíase a 3,50 metros e xa dentro da cámara chega a ter un máximo de 6 m no tercio final.

En 2004 co inicio de novas investigacións e excavacións ao fondo da cámara redescubriuse un pozo de 1,50 m de diámetro e unha profundidade de 19,50 m construído polos mesmos constructores do megalito xa que se teñen atopado as pedras empregadas na súa construción como ferramentas[5]. O nivel da auga no pozo varía ca seca.

Vista do interior do pozo.

As paredes do dolmen son grandes pedras ortostáticas. En cada banda ten 12 destas grandes pedras e no fondo hai unha soa. A cuberta do dolmen son 5 lousas faltando a primeira que estaría na entrada. A máis grande das lousas, a do fondo, calcúlase que pesa unhas 180 toneladas. Nas unións destas grandes lousas do teito hai tres piares en liña, só un deles soporta o peso da lousa[6].

Todo o dolmen esta baixo un túmulo de entre 50 e 120 metros de diámetro ca entrada orientada ao norleste (acimut de 45 graos), ao norte do solsticio de verán. O monumento mira cara á Peña de los Enamorados.

O dolmen ten iluminación artificial interior e é visitable. Preto del hai un centro de interpretación. A Junta de Andalucía está a traballar para que a UNESCO lle dea ao conxunto megalítico (Menga, Viera e El Romeral) o recoñecemento como Patrimonio da Humanidade.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dolmen de Menga Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Juan Fernández Ruiz e José Enrique Márquez Romero. Dólmenes de Antequera guía oficial del conjunto arqueológico. Junta de Andalucía. ISBN 978-84-8266-865-9, 220 páxinas.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]