Ovella Dolly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Dolly")
Os restos desecados de Dolly son exhibidos no Museo Real de Escocia.

A ovella Dolly, nada o 5 de xullo de 1996 e finada o 14 de febreiro de 2003, foi o primeiro mamífero clonado a partir dunha célula adulta. Os seus creadores foron os científicos do Instituto Roslin de Edimburgo (Escocia), Ian Wilmut e Keith Campbell.

Vida de Dolly[editar | editar a fonte]

O seu nacemento non foi anunciado até sete meses despois, o 23 de febreiro de 1997.

Dolly foi o resultado dunha transferencia nuclear dende unha célula doante diferenciada a un óvulo non fecundado e anucleado, implantado despois nunha femia portadora. A célula da que viña Dolly era unha célula xa diferenciada ou especializada, procedente dun tecido concreto, a glándula mamaria, dun animal adulto (unha ovella Fin Dorset de seis anos), o cal supuña unha novidade. Até ese momento críase que só se podían obter clons dunha célula embrionaria, é dicir, non especializada. Cinco meses despois naceu Dolly, que foi o único cordeiro resultante de 277 fusións de óvulos conformados con núcleos de células mamarias.

A modo de curiosidade, salientar que a irmá de Dolly, Monka, non puido ser clonada.