Dog Eat Dog
| Dog Eat Dog | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Bergen County, Nova Jersey, |
| Período | 1990 - actualidade |
| Xénero(s) | hardcore punk, rap metal, rapcore |
| Selo(s) discográfico(s) | Roadrunner, Wanted Records |
| Membros | Dave Neabore John Connor Brandon Finley |
| Antigos membros | Sean Kilkenny Mark De Backer Dan Nastasi |
| Web oficial | http://www.dogeatdog.nl |
Dog Eat Dog é unha banda estadounidense de hardcore punk procedente de Bergen County, Nova Jersey que se formou en 1990 como parte das escenas hardcore de Nova York e Nova Jersey. Dog Eat Dog foi un dos primeiros grupos en fusionar hardcore e rap, un estilo que posteriormente se faría común. Dog Eat Dog acadou o éxito comercial con sinxelos como "No Fronts", "Expect The Unexpected" e "Who's The King". Despois do seu álbum de estrea, o son da banda evolucionou para incorporar elementos do funk, do ska e do hip hop.
A actual formación está composta por Dave Neabore (baixo), John Connor (voces) e Brandon Finley (batería), coa axuda de Roger Haemmerli (guitarra) para as actuacións ao vivo. Os seus membros agora atópanse dispersos entre Nova Jersey, Washington D.C. e Europa.
Discografía [editar]
- Warrant EP - 1993 (Roadrunner Records)
- All Boro Kings - 1994 (Roadrunner Records)
- Play Games - 1996 (Roadrunner Records)
- Amped - 1999 (Roadrunner Records)
- In The Dog House: The Best And The Rest - 2000 (Roadrunner Records)
- Walk With Me - 2006 (Wanted Records)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)