Doazón de Sutri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe da antiga cidade de Sutri.
Os dominios longobardos á morte de Rotari (652).

Por Doazón de Sutri enténdese a cesión territorial efectuada no 728 polo soberano longobardo Liutprando ao papa Gregorio II, dalgúns castelos do Ducado de Roma, entre os cales o máis importante era o de Sutri. Foi a primeira das dúas restitucións per donationis titulo efectuadas por Liutprando á Igrexa de Roma. A segunda foi no 743.

Contesto histórico[editar | editar a fonte]

Tras ser elixido rei rei dos longobardos (712), Liutprando tivo que afrontar unha serie de problemas como a xeral disgregación e a perda de identidade nacional dos cada vez máis romanizados longobardos. Para realizar este propósito iniciou unha política de reforzamento da súa monarquía que tiña como meta principal a conquista dos territorios italianos para danar os bizantinos. A península italiana estaba en gran parte en mans dos longobardos; a Langobardia porén estaba dividida en dous anacos polos territorios aínda en mans do Imperio, que ían do Tirreno (Roma) ao Adriático (Rávena). Ademais os longobardos estaban divididos internamente: ducados de Spoleto e de Benevento eran de feito autónomos ante o poder central.

A febleza do Imperio bizantino, convulso polas loitas internas posteriores á fin da dinastía de Heraclio (711), favorecía o afastamento das provincias italianas. Liutprando soubo escoller o momento propicio cando nos territorios italianos gobernados polos bizantinos se difundiu a indignación polo apoio do emperador á herexía iconoclasta. A súa campaña militar comezou polos territorios que dividían en dous a Langobardia, ou sexa, a área do Ducado romano.

Cando o papa veu as intencións dos longobardos - os cales estaban probabelmente decididos a conquistar a mesma Roma - sentiuse directamente en perigo, en canto por moitos anos o imperio bizantino cesara de intervir militarmente en favor de Roma, empregando as propias enerxías en defender só Rávena, capital do Exarcado. O curso dos acontecementos tomou unha dirección distinta da anunciada (a posíbel toma de Roma) cando, no 728, os longobardos conquistaron a fortaleza de Narni, posta como gardiá da vía Amerina.

A gardar a vía Amerina ficaros an fortalezas de Amelia e Orte. Máis ao sur, os castra de Bomarzo, Sutri e Blera, no val do Tíber, eran a salvagarda da vía Cassia[1].

O papa Gregorio II (715-731) dirixiuse directamente ao rei dos longobardos, Liutprando, pedíndolle que renunciase aos territorios xa conquistados e que os restituíse ao exarca bizantino en canto lexítimo posesor. Liutprando, porén, doou o castrum de Sutri ao pontífice, cun xesto que representou unha xiro histórico.

O significado político da Doazón[editar | editar a fonte]

Ata daquela o pontífice non exercitara un poder político efectivo sobre territorio ningún da península. A súa forza principal era a "superioridade" espiritual conferida polo "primado" de San Pedro (superioridade confirmada máis veces nos concilios ecuménicos). A autoridade moral do Papa era recoñecida nos reinos dos francos, dos visigodos de Hispania, dos burgundios, dos anglosaxóns de Inglaterra e dos mesmos longobardos.

Por outra parte a Santa Sé era propietaria de numerosos territorios (Patrimonium Sancti Petri) que creceran mesmo antes da Doazón, sobre todo coa Promissio Carisiaca e as doazóns de Carlomagno. A Doazón de Sutri non representa por tanto o acto formal do nacemento do poder temporal do papa: é un puro símbolo.

A historiografía contemporánea recoñece que, respecto ás múltiples doazóns que tiveron lugar mesmo antes do 728 a favor da Sé de Pedro, a Doazón asina o recoñecemento dunha soberanía que ata daquela o papado exercitaba só de feito pero non de dereito sobre os territorios romanos, legalmente pertencentes ao gobernador bizantino.

Cómpre recordar, finalmente, que revisten grandes problemas e dificultades as cuestións historiográficas relativas ao nacemento dun Estado da Igrexa e do poder temporal do papado; e mesmo as interpretacións dos historiadores sobre os actos – como o de Liutprando – teñen apreciacións diverxentes.

Acontecementos posteriores á Doazón[editar | editar a fonte]

No 739 o papa Gregorio III dirixiu unha carta a Carlos Martel, mestre de palacio do rei dos francos, na que aparece por primeira vez a locución populus peculiaris beati Petri, referida ás poboacións do Ducado Romano, do Ravennate e da Pentápole [2], que viven xuntas nunha respublica da que san Pedro é o protector e o heroe epónimo.

No 743 o rei Liutprando restituíra ao Pontífice (papa Zacarías) per donationis titulo catro cidades ocupadas por el (entre elas Vetralla, Palestrina, Ninfa e Norma) e unha parte dos patrimonios da Igrexa en Sabina, que lle foran subtraídos había trinta anos polos duques de Spoleto (longobardos). Liutprando, pola súa banda, esvaecera temporalmente as tensións cos outros ducados longobardos, sobre todo cos ducados periféricos - e polo tanto máis autónomos - de Spoleto e Benevento, evitando así unha guerra civil.

A respublica de san Pedro do século VIII hai que entendela como "Patrimonio do bispo de Roma", ou sexa, como o conxunto dos territorios en propiedade da Diocese de Roma.

A Doazón de Sutri é en realidade anterior á falsificación histórica da Doazón de Constantino do 321, segundo a cal o emperador romano Constantino I tería cedido á Igrexa so o papa Silvestre I a soberanía sobre o Estado da Igrexa, doando o palacio de Laterano, os símbolos imperiais e a cidade de Roma. A autenticidade da Doazón constantiniana en efecto foi posta en discusión xa no século XV polo humanista Lorenzo Valla, que demostrou a súa falsidade con base lingüística e filolóxica: tería sido preparada sobre cincocentos anos despois da morte do emperador Constantino e habería polo tanto que situala entre os séculos VIII e IX.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O. Bertolini, Roma di fronte a Bisanzio ed ai Longobardi, pp. 370-371.
  2. Posesión bizantino que se extendía entre a Romagna e as Marcas, comprendendo as cinco cidades de Rimini, Fano, Pesaro, Senigallia e Ancona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]