Dmitrii Kabalevskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dmitri Kabalevski»)
Dmitrii Kabalevskii
Nacemento17 de decembro de 1904 e 1904
Lugar de nacementoSan Petersburgo
Falecemento27 de febreiro de 1986, 14 de febreiro de 1987, 18 de febreiro de 1987 e 1987
Lugar de falecementoMoscova
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeImperio Ruso, República Socialista Soviética Federativa de Rusia e Unión Soviética
Alma máterConservatório de Moscovo e Academic Music College of the Moscow Conservatory
Ocupacióncompositor de música clássica, director de orquestra, coreógrafo, musicólogo, profesor de música, profesor universitario, pianista, compositor de bandas sonoras, figura pública e político
Coñecido porPiano Concerto No. 3
PremiosPremio Stalin, Premio Estatal da URSS, Orde de Lenin, Heroe do Traballo Socialista, Orde da Insignia de Honra, Artista do Povo da URSS, Orde da Guerra Patria de 1ª Clase, Medalha de "Mérito de Trabalho da Grande Guerra Patriótica 1941-1945", Bandeira Vermella do Traballo, Lenin Komsomol Prize, People's Artist of the RSFSR, Artista de Honor da RSFSR, Premio Lenin, Honored art worker of the Russian Soviet Federative Socialist Republic, Medal "In Commemoration of the 800th Anniversary of Moscow" e Glinka State Prize of the RSFSR
Na rede
http://www.kabalevsky.ru
IMDB: nm0434015 Spotify: 46wMXZ6bEoXUlToxUglEtY Musicbrainz: 96c39679-7de4-48d1-a9ea-d8840296bb73 Discogs: 3887234 IMSLP: Category:Kabalevsky,_Dmitry Allmusic: mn0000017873 WikiTree: Kabalevsky-1 Find a Grave: 22546921 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dmitrii Borisovich Kabalevskii (en ruso: Дмитрий Борисович Кабалевский), nado en San Petersburgo o 30 de decembro de 1904 e finado en Moscova o 14 de febreiro de 1987, foi un compositor ruso.

Contribuíu a establecer a Unión de Compositores Soviéticos en Moscova e foi secretario da Unión de Compositores da RSFS de Rusia desde 1952 ata a súa xubilación. Foi un compositor prolífico de música de cámara e para piano, moitas destas últimas interpretounas Vladimir Horowitz e tamén escribiu seis óperas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai era matemático e este animouno a estudar matemáticas, así e todo xa desde a infancia quedou fascinado polas artes, en especial pola música, aprendendo a tocar o piano. En 1916 a súa familia mudouse a Moscova, onde pasou tres anos tocando nas salas onde se proxectaban filmes mudos, comezando a compoñer aos dezaoito anos [1]. En 1925 entrou no Conservatorio de Moscova, estudando composición con Nikolai Myaskovsky e piano con Alexander Goldenweiser, converténdose el mesmo en profesor do conservatorio en 1932, conseguindo unha boa reputación como ensinante [2].

Durante a segunda guerra mundial escribiu moitas cancións patrióticas, ingresando no Partido Comunista en 1940. Foi editor de Sovetskaya Muzyka nos seis volumes publicados durante a guerra, e mais tamén compuxo e interpretou moitas pezas para cine mudo e música para o teatro. Entre 1949 e 1952 foi o director do departamento de música do Instituto de Artes de Moscova.

A súa música para nenos é amplamente interpretada por músicos novos de todo o mundo [3], considerándose un dos máis grandes compositores modernos de música infantil. Tamén organizou un programa de educación musical en vinte e cinco escolas soviéticas, e el mesmo ensinou a nenos de sete anos durante un tempo, aprendéndolles a como escoitar con atencón e poñer as súas impresións en palabras. Estivo na Comisión de Educación Musical Estética en 1962 e foi presidente do Consello Científico de Educación Estética na Academia de Ciencias Pedagóxicas da URSS en 1969. Foi tamén membro do Comité Soviético de Defensa da Paz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. allmusic.com
  2. Enclyclopaedia Britannica
  3. "Dmitry Kabalevsky". www.boosey.com. Consultado o 2020-04-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Schwarz, Boris. 1983. Music and Musical Life in Soviet Russia, enlarged edition 1917-1981. Bloomington: Indiana University Press. ISBN 0-253-33956-1
  • Maes, Francis. 2002. A History of Russian Music: From Kamarinskaya to Babi Yar. Traducido por Arnold J. Pomerans e Erica Pomerans. Berkeley: University of California Press. ISBN 0-520-21815-9

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]