Dmitrii Ivanovskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Dmitri Ivanovsky")
Dmitrii Iosifovich Ivanovskii
Dmitrii Iosifovich Ivanovskii
Selo da Unión Soviética, Dmitri Ivanovski, 1964 (Michel 2978, Scott 2938).
Nacemento: 28 de outubro de 1864
Vila de Nizy, Gdov Uyezd, Gobernatura xeral de San Petersburgo, Imperio Ruso
Falecemento: 20 de xuño de 1920 (55 anos)
Rostov-on-Don, Rusia
Nacionalidade: Rusa
Ocupación: Botánico

Dmitrii Iosifovich Ivanovskii (en ruso: Дмитрий Иосифович Ивановский), nado en Nizi, Gobernación de San Petersburgo, o 28 de outubro de 1864 e finado o 20 de xuño de 1920 en Rostov do Don, foi un botánico ruso, o primeiro científico en descubrir os virus en 1892 e un dos fundadores da viroloxía.[1][2][3][4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ivanovskii estudou na Universidade de San Petersburgo. En 1887, investigou unha enfermidade que afectaba o tabaco, á que se referiu como wildfire. Tres anos máis tarde, observou outra enfermidade das plantas do tabaco e descubríu que as dúas enfermidades foran causadas por un axente infinitamente minúsculo capaz de impregnar os filtros da porcelana, cousa que as bacterias nunca poderían facer.

En 1898, o microbiólogo holandés Martinus Beijerinck replicou independentemente os experimentos de Ivanovskii e convenceuse de que a solución filtrada tiña unha nova forma de axente contaxioso ó que chamou virus. Beijerinck posteriormente recoñeceu en Ivanovskii prioridade do descubrimento.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dmitri Iosifovich Ivanovski (1864–-1920)". Bacteriological Reviews (American Society for Microbiology) 36: 135-45. 1972. ISSN 0005-3678. PMC 408320. PMID 4557165. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC408320/pdf/bactrev00200-0002.pdf. Consultado o 16 de outubro de 2011.
  2. 2,0 2,1 A Lustig and A J Levine (agosto de 1992). "One hundred years of virology". J Virol 66: 4629–31. PMC 241285. PMID 1629947. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=241285.
  3. Bos, L. (1995). "The Embryonic Beginning of Virology: Unbiased Thinking and Dogmatic Stagnation". Archives of Virology 140: 613-619. ISSN 03048608.
  4. Zaitlin, Milton (1998). "The Discovery of the Causal Agent of the Tobacco Mosaic Disease". Discoveries in Plant Biology. World Publishing Co.. pp. 105-110. ISBN 978-981-02-1313-8.
  5. Sebastion, Anton (2001). A dictionary of the history of science. Informa Health Care. p. 267. ISBN 1-85070-418-X. OCLC 9781850704188. http://books.google.com/?id=gTXFN-8v95MC&pg=PA267&dq=Dmitry+Iosifovich+Ivanovsky. Consultado o 24-10-2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]