Distrito electoral de Pontedeume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Distrito electoral de Pontedeume era unha demarcación electoral vixente desde 1847 ata 1923 con dúas interrucións de 1853 a 1857, e de 1865 a 1871. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Castro (actualmente Miño), Fene, Monfero, Mugardos, Neda, Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior.

Lista dos deputados electos polo distrito de Pontedeume[editar | editar a fonte]

Nome Data de posesión[1] Data de cese[2]
Jacobo Luis Fitz-James Stuart Ventimiglia, Duque de Alba 4 de xaneiro de 1847 7 de abril de 1851
Eugenio de Abella 14 de xuño de 1851 10 de decembro de 1853
Incluído no distrito da Coruña (1854-1856)[3]
Rafael López Ballesteros 11 de maio de 1857 13 de maio de 1858
Joaquín Peralta Pérez de Salcedo 6 de decembro de 1858 21 de outubro de 1860
Frutos Saavedra Meneses 30 de novembro de 1860 12 de xullo de 1865
Incluído no distrito da Coruña (1866-1870)[4]
Domingo Caramés García (1º período) 22 de abril de 1871 24 de xaneiro de 1872
Joaquín Ignacio Figueroa Mendieta 28 de abril de 1872 28 de xuño de 1872
Prudencio Urcullu 19 de setembro de 1872 22 de marzo de 1873
Juan Martínez de Tejada 6 de xuño de 1873 8 de xaneiro de 1874
Domingo Caramés García (2º período) 18 de febreiro de 1876 25 de xuño de 1881
Daniel Rodríguez Rodríguez 31 de agosto de 1881 20 de xullo de 1883
Gaspar Rodríguez Rodríguez 12 de xaneiro de 1884 31 de marzo de 1884
Román Folla Miragaya 7 de xuño de 1884 29 de outubro de 1889
Enrique Sors Martínez 1 de xaneiro de 1890 29 de decembro de 1890
Juan Armada Losada, Marqués de Figueroa 24 de febreiro de 1891 14 de abril de 1910
José Lombardero Franco 15 de xullo de 1910 26 de outubro de 1912
Julio Wais Sanmartín 3 de decembro de 1912 15 de setembro de 1923

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Data da primeira toma de posesión cando se encadean varios mandatos consecutivos
  2. Data do último cese cando se encadean varios mandatos consecutivos
  3. A provincia da Coruña formaba unha única circunscrición electoral
  4. Na provincia da Coruña había dous distritos electorais: A Coruña e Santiago de Compostela con seis deputados cada un

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]