Distrito de Chuquibamba (Arequipa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Distrito peruano de Chuquibamba é un dos oito distritos que conforman a Provincia de Condesuyos, situada no Departamento de Arequipa, pertencente á Rexión Arequipa, Perú.

Capital[editar | editar a fonte]

A súa capital é a cidade de Chuquibamba.

Poboación[editar | editar a fonte]

O distrito ten unha poboación aproximada de 5 000 persoas, na súa maioría adicada á actividade agrícola como fonte principal de ingresos económicos.

Economía[editar | editar a fonte]

A actividade básica de Chuquibamba é a agricultura como o cultivo do millo, papas, orxo, quinua e cabaza (chamada localmente 'zapallo') que son empregados para o consumo interno. A cabaza é o produto máis cotizado nas zonas de Arequipa, Camaná e Majes. O manexo de rega é por gravidade con auga que chegan do nevado Coropuna e a través do Río Blanco e xurdimentos de augas subterráneas ou mananciais.

Unha pequena parte da poboación adícase á gandaría, empregando a alfalfa como alimento para o gando vacún e ovino que se comercializa nas cidades de Arequipa e Lima. Tamén conta con micro industrias de plantas queixeiras de onde se obteñen produtos lácteos: Manteigas, iogur e o o famoso queixo chuquibambino apreciado nas grandes cidades do Perú.

Cultura[editar | editar a fonte]

En Chuquibamba o idioma predominante na poboación é o castelán. Tamén é e foi unha terra prodixiosa en artistas como 'Los Errantes', 'Los Trovas' e outros que destacan na música especialmente 'El Huayco' que aflora coas tradicionais serenatas chuquibambinas, mediante as cales declárase o amor á súa amada.

Etnografía[editar | editar a fonte]

Dentro dos costumes chuquibambinas temos os entroidos, onde participan toda a poboación dividida en barrios (Belén, Copacabana, Arequipa Barrios, Vallecito) e sectores como os (Tres errantes, Papachacra, Carmenalto, Chiringay, Siguan, Cuyay, Buena Vista) que participan con caravanas de cantantes interpretando famosos cánticos do entroido, así mesmo preséntanse cunha fermosa raíña que engalana o seu carro alegórico. Estes entroidos teñen unha semana de duración, até finalizar coa queima do 'ñocarnavalón', lectura do testamento e o 'corta monte' o domingo despacho de entroidos.