Discworld
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
O Discworld (Mundodisco) é unha creación do escritor Terry Pratchett. Trátase dun mundo consistente nun disco plano (rodeado por unha fervenza que flúe sen parar) que atravesa o espazo ao lombo de catro elefantes (Gran T'Phon, Tubul, Berilia e Jerakeen) que, á súa vez, viaxan sobre a coiraza dunha tartaruga mariña (Gran A´Tuin), a cal nada lenta e maxestosamente polo espazo. Un pequeno sol da voltas ao redor de Gran A'Tuin proporcionándolle ao Disco luz e calor. Está recollido na mitoloxía india un esquema do universo semellante[Cómpre referencia].
O sexo da tartaruga é un misterio para os habitantes do disco, e o motivo de non poucos debates e discusións entre os astrozoólogos acerca de que posición ocupará cando, na súa viaxe estelar, se atope con outra tartaruga de distinto sexo (sempre é moi importante saber se será a tartaruga de arriba ou a de abaixo durante o apareamento).
Dende que se publicou a primeira novela, A cor da maxia (The Colour of Magic) en 1983, a serie expandiuse para xerar libros e mapas relacionados co Discworld, adaptacións teatrais radiofónicas, series de debuxos animados, videoxogos, relatos curtos, música e adaptacións televisivas con personaxes reais.
Índice |
Xeografía [editar]
Na xeografía do Disco as direccións cardinais non se expresan igual cás nosas (norte, sur, leste e oeste). Nun punto calquera do Disco podemos estar mirando en dirección ao centro (dirección Eixe) ou cara a fóra (dirección cara á Beira). As dúas direccións perpendiculares ás anteriores son Dextro e Levo (xiro e contraxiro), xa que o Mundodisco xira sobre o seu eixe para que se sucedan as estacións. O clima na Beira é cálido, e vaise arrefriando a medida que nos movemos en dirección Eixe (cara ao centro).
Os deuses máis importantes deste mundo viven en Cori Celesti, a inmensa montaña nevada situada xusto no centro (Eixe).
O Mar Circular, que como o seu propio nome indica, é un mar redondo, está rodeado por numerosos pobos, os cales forman parte do "mundo civilizado" (que segundo a definición do autor son os pobos bárbaros con diñeiro abondo como para poder manter os historiadores). Alí aséntanse Klatch, Omnia, Djelibeibi, Efebia e a cidade-estado de Ankh-Morpork (onde se atopa a Universidade Invisible e transcorren a maioría das novelas).
No outro hemidisco atópase o enorme Counterweight Continent (Continente Contrapeso), onde se encontra o rico e poderoso Imperio Ágata. A súa existencia estaba en dúbida ata que, ao principio de The Colour of Magic, se presenta en Ankh-Morpork o primeiro turista provinte da rica nación.
A Maxia [editar]
Da mesma maneira en que o noso universo está sometido ás leis da física, no Mundodisco é a maxia a que o rexe todo. O Discworld é un planeta na beira da imposibilidade, e soamente a maxia permite que exista. De feito, este mundo creouse mediante oito conxuros. Unha diferenza importante respecto ao noso universo é a existencia dun elemento que se suma os habituais: o narrativio. Un cabaleiro termina sempre derrotando ó dragón e salvando á princesa porque o narrativio intervén como catalizador.
O número oito é o número da maxia, e está presente alí onde ela intervén. Ademais, a semana ten oito días e existen oito estacións do ano. Os magos non poden pronunciar este número para evitar provocar efectos devastadores sobre o mundo, aínda que esta prohibición, estrita nas primeiras novelas, reláxase a medida que avanza a serie.
Outro elemento de perigo é a descendencia dos magos. O oitavo fillo dun oitavo fillo está especialmente capacitado para a maxia, e é por isto que os magos son célibes. Esta premisa da lugar ó argumento de Sourcery.
Outra característica propia é que o son viaxa a maior velocidade que a luz, xa que esta se deslza lentamente debido ao campo máxico que rodea o disco. O lugar onde máis lento viaxa é nos profundos vales do pequeno e montañoso pais de Lancre, unha zona na que a maxia está presente en todas partes, e onde abundan as bruxas (entre elas Granny Weatherwax, Nanny Ogg e Magrat Garlick) e é tamén a terra natal do arquichanceler Mustrum Ridcully da Universidade Invisible.
Lista de Novelas [editar]
Historias curtas [editar]
- Turntables of the Night (1989), atópase en internet[8].
- Troll Bridge (A ponte do troll)(1992): Publicada orixinalmente en After the King. É unha historia curta do Mundodisco con Cohen o Bárbaro preparándose para matar un troll nun combate singular.
- Theatre of Cruelty (Teatro de Crueldade) (1993): Este relato curto publicouse por primeira vez na revista WH Smith's Bookcase. Nel, a Garda da Cidade investiga un asasinato relacionado cos espectáculos da rúa de marionetas, e está situado cronoloxicamente entre as novelas Guards! Guards! e Men at Arms. O relato está traducido ó castelán e dispoñible en internet con permiso do autor[9]e en versión orixinal en[10]
- The Sea and Little Fishes(O Mar e os Peixeciños) (1998): A historia trata da Competición de Bruxería de Lancre, e en particular da participación de Granny Weatherwax nela.
- Death and What Comes Next(A morte e o que ven despois) (2002): É unha historia curta acerca da Morte e as súas reflexións acerca da inhabitabilidade da morte. Dispoñible en inglés[11]
- A Collegiate Casting-Out of Devilish Devices (2005): Unha historia curta cos Magos como protagonistas, e o nomeamento do Sr. A. E. Pessimal (quen ten un papel importante no libro Thud!) como inspector gubernamental do Patricio na Universidade Invisible.
Posibles novelas futuras [editar]
Pratchett dou os títulos e algúns detalles sobre as novelas coas que pretende continuar a serie:
- Unseen Academicals[12]: Proxecto de novela sobre o equipo de fútbol da Universidade Invisible, o maior centro de maxia do Mundodisco.
- I Shall Wear Midnight: A próxima novela xuvenil do Mundodisco, con Tiffany Aching como protagonista, anunciada polo autor no Festival de Literatura de Cheltenham, o 6 de outubro de 2007.
- Raising Taxes: O terceiro libro da serie de Moist, anunciado o 21 de setembro do 2007, na firma de libros en Torrance, California.
- Scouting for trolls[12]:O título fai referencia ó libro Escultismo para rapaces, o primeiro libro publicado dos Scouts.
Lugares [editar]
- Klatch.
- Bad Ass.
- Sto Plains
- Ankh-Morpork
- Pseudopolis
- Quirm
- Sto Lat
- Sto Helit
- The Ramtops
- Lancre
- The Hublands
- Überwald
- Borogravia
- Zlobenia
- The Chalk
- The Counterweight Continent
- EcksEcksEcksEcks ou Fourecks
Notas [editar]
- ↑ Sourcery annotations at lspace.org (en inglés)
- ↑ Interesting Times annotations at lspace.org (en inglés)
- ↑ Hogfather annotations at lspace.org (en inglés)
- ↑ The Last Continent annotations at lspace.org (en inglés)
- ↑ The Amazing Maurice and his Educated Rodents annotations at lspace.org (en inglés)
- ↑ Night Watch annotations at lspace.org (en inglés)
- ↑ "Discworld News August 2009 © PJSM Prints". Paulkidby.com. 22 de agosto de 2009. http://www.paulkidby.com/news/index.html. Consultado o 7 de febreiro de 2010.
- ↑ Turntables of the Night(en inglés)
- ↑ Teatro de Crueldad, un cuento corto del Mundodisco (en castelán)
- ↑ Theatre of Cruelty e Death and What Comes Next en Lspace.org (en inglés)
- ↑ Death and What Comes Next en L-Space (en inglés)
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomemdan