Dirham dos Emiratos Árabes Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dirham dos Emiratos Árabes Unidos
درهم إماراتي en árabe
Código:AED
Ámbito: Emiratos Árabes Unidos
Símbolo:د.إ
Fracción:100 fils
Moedas:25, 50 fils, 1 dirham
Billetes:5, 10, 20, 50, 100, 200, 500, 1,000 dirhams
Emisor:
Taxa de troco:
Troco actual

O dirham ( درهم ) é a moeda oficial dos Emiratos Árabes Unidos. O seu código ISO 4217 é AED. Está dividido en 100 fils.

Historia[editar | editar a fonte]

A palabra dirham deriva do grego "Drachmae", literalmente “puñado”, a través do latín.[1] Debido a séculos de comercio e uso, o dirham sobreviviu durante o réxime otomán.

O dirham foi introducido nos Emiratos Árabes Unidos o 19 de maio de 1973, para substituír o rial qatarí. O rial circulara en Qatar e Dubai desde 1966, mentres que en Abu Zabi a moeda era o dinar bahrainí. Antes de 1966 en todos os emiratos que formaron a federación circulaba a rupia do Golfo. Durante a transición desta ao rial, adoptaron un tempo o rial saudita.

Moedas[editar | editar a fonte]

En 1973 introducíronse as moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 fils, e 1 dirham. As moedas de 1, 5 e 10 fils son de bronce, mentres as de maior valor son de cuproníquel. En 1995 reduciuse o tamaño das moedas de 50 fils e 1 dirham, adoptando unha moeda de 50 con forma de heptágono equilátero cos lados curvados.

Os valores das moedas están escritos en numerais árabes e o texto en árabes. As moedas de 1, 5 e 10 fils son pouco usadas na actualidade.

Fraude[editar | editar a fonte]

En agosto do 2006 coñeceuse que a moeda de 1 peso filipino era do mesmo tamaño cá de 1 dirham, tendo un valor moi baixo. O mesmo ocorre coas moedas de 10 cent australianas, a de 5 rupias paquistanís, a de 50 baisa omaní e a de dirham marroquí.

Para evitar a fraude, os billetes levan un falcón en marca de auga.

Billetes[editar | editar a fonte]

O 20 de maio de 1973 o U.A.E. Currency Board introduciu billetes de 1, 5, 10, 50 e 100 dirhams. O billete de 1000 dirhams foi introducido o 3 de xaneiro de 1976.[2] En 1982 creouse a segunda serie de billetes, na que non había billetes de 1 nin de 1000. O ano seguinte introduciuse o billete de 500 e en 1989 o de 200 dirhams. Finalmente reintroduciuse o billete de 1000 dirhams en 1989.

Os textos do anverso dos billetes está escrito en árabe con números árabes. O reverso está en inglés con números arábigos.

Serie de 1982
Imaxe Valor Cor Dimensións (mm) Descrición
Anverso Reverso Anverso Reverso
[1] [2] 5 Dirhams Marrón 157 x 67 Sharjah Central Souq Mesquita de Imam Salem Al Mutawa en Sharjah
[3] [4] 10 Dirhams Verde 147 x 62 Khanjar, daga tradicional de Omán granxa
[5] [6] 20 Dirhams Azul 149 x 63 Fachada do Dubai Creek Golf e Yacht Club Mercado tradicional
[7] [8] 50 Dirhams Morado 151 x 64 Oryx Forte Al Jahli en Al Ain
[9] [10] 100 Dirhams Rosa 155 x 66 Forte Fahidi Edificio do Dubai World Trade Centre
[11] [12] 200 Dirhams Verde e marrón 157 x 67 Zayed Sports City e xulgado Edificio do United Arab Emirates Central Bank
[13] [14] 500 Dirhams Azul mariño 159 x 68 Falcón Mesquita Jumeirah
[15] [16] 1000 Dirhams Azul verdoso 163 X 70 Palacio de Al Hosn Abu Dhabi Corniche

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Merriam Webster Dictionary". Consultado o 27 de febreiro de 2014. 
  2. Linzmayer, Owen (2012). www.BanknoteNews.com, ed. The Banknote Book. San Francisco, CA. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]