Celeiro (documento)
Celeiro ou o diploma do rei Silo é o documento máis antigo conservado na Península Ibérica e fai referencia a unha doazón que o rei Silo fai a cinco frades para construíren unha igrexa[1].
Índice |
[editar] Descrición
Este documento é unha doazón que o rei Silo fai o 23 de agosto de 775 a cinco frades para construíren unha igrexa entre os ríos Iube (actual río Eo) e Masma, e máis concretamente entre o río Alesancia (actual río Grande, en Ribadeo) e o Mera, no lugar chamado Lucis, actualmente Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros.
Cellarium (=celeiro); Iube et Masoma (Eo e Masma); pelagium nigrum (=Pozo Negro ou Pélago, Pelamio); petra ficta (=pedra fita); sasas aluas (=acostúmase traducir Pedras Albas); lagenam> laxe, laxa; tabulata (>tablada>tabrada> Trabada)
[editar] Pergamiño
O pergamiño orixinal está en lingua latina e pertence á Colección documental do Arquivo Eclesiástico da Catedral de León. As características deste pergamiño son as que seguen:
- 495x110/140mm, cursiva visigótica, cortado de forma irregular e coa falta dun fragmento na parte inferior que lle afecta á primeira columna de confirmantes. O seu estado de conservación é bo, en xeral, aínda que o texto está desgastado e borroso nalgunha liña.
- No dorso do pergamiño hai un texto posterior do século XVIII cunha breve descrición do pergamiño, cunha sinatura e incluíndo Legaxo 9º.
[editar] Notas
- ↑ Bieito Ledo (editor), Dicionario Enciclopédico Galego Universal, tomo 14, Ir indo ed., 2003, páx. 102
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- García Leal, Alfonso: El diploma del rey Silo. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa 2008 ISBN 978-84-95892-36-2