Diocese católica latina de Chalan Kanoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDiocese católica latina de Chalan Kanoa
Imaxe

Localización
Mapa
 15°10′27″N 145°44′56″L / 15.1742, 145.7489Coordenadas: 15°10′27″N 145°44′56″L / 15.1742, 145.7489
Poboación
Poboación74.740 (2019) Editar o valor em Wikidata (406,2 hab./km²)
Lingua usadaLingua chamorra Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie184 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación8 de novembro de 1984 Editar o valor em Wikidata
CatedralOur Lady of Mount Carmel Cathedral (Chalan Kanoa) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webcnmicatholic.org Editar o valor em Wikidata

A diocese de Chalan Kanoa (en latín: Dioecesis Vialembensis) é unha sé da Igrexa Católica Latina sufragénea da arquidiocese de Agaña. En 2006 contaba con 43.000 fieis, sobre unha poboación de 71.850 habitantes. Actualmente a sé está vacante.

Territorio[editar | editar a fonte]

A diocese abrangue o arquipélago das Illas Marianas Setentrionais, país do océano Pacífico en libre asociación cos Estados Unidos de América. Consiste en 14 illas, que se atopan entre Hawai e Filipinas.

A sé episcopal é a cidade de Chalan Kanoa, na illa de Saipan, onde está a catedral de Nosa Señora do Monte Carmelo.

O territorio esténdese por unha superficie de 102 km², e está subdividido en 12 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira circunscrición católica autónoma no territorio da presente diocese foi a prefectura apostólica das Illas Marianas, erixida o 17 de setembro de 1902, en territorios da arquidiocese de Cebú.

O 1 de marzo de 1911 co breve Quae Catholico nomini de Pío X a prefectura apostólica foi unida á prefectura apostólica das Illas Carolinas, que asumiu o nome de prefectura apostólica das Illas Carolinas e Marianas (hoxe diocese das Illas Carolinas). O 4 de xullo de 1946 o territorio das illas pasou a ser parte da vigairía apostólica de Guam.

A diocese foi finalmente erixida o 8 de novembro de 1984 coa bula Properamus do papa Xoán Paulo II, en territorios da diocese de Guam.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]