Dingle - An Daingean
| Dingle An Daingean |
|
|---|---|
![]() |
|
| Provincia | Munster |
| Condado | condado de Kerry |
| Poboación (2006) | 1.920 hab. |
| Altitude | 0 metros |
| Páxina web | www.kerrycoco.ie |
| Cidade da República de Irlanda |
|
Dingle (en irlandés, An Daingean, "o forte", ou Daingean Uí Chúis, "o forte de Cuis") é unha localidade do Condado de Kerry, na costa atlántica de Éire, a uns 50 km a Suroeste de Tralee e uns 80 km ao Noroeste de Killarney. A vila está situada nunha baía natural baixo a montaña Slievanea, na Península de Dingle, co río Shannon ao Norte, e o Anel de Kerry ao Sur.
As principais actividades da zona son o turismo, a pesca, a gandería e a agricultura. En 2006 Dingle tiña unha poboación de 1.920 habitantes. Dingle está situada nun Gaeltacht.
Durante moito tempo Dingle foi unha vila remota, mais agora é un activo porto pesqueiro e un importante centro turístico.
Índice |
Fungi, o golfiño de Dingle [editar]
En 1984 un golfiño comezou a frecuentar a zona do porto de Dingle, converténdose nunha atracción para os visitantes. Calcúlase que naceu contra mediados da década de 1970, cunha esperanza de vida de 25 anos para a súa especie. Ten adicada unha escultura en bronce en Dingle.
Lugares de interese [editar]
A igrexa neogótica de Dingle, St. Mary, foi construída segundo o proxecto de J. J. McCarthy e O'Connell. A primeira pedra foi colocada en 1862.
Hai moitas posibilidades de escoitar música tradicional irlandesa na vila, especialmente no verán, na tempada de turismo. Tamén hai un acuario na vila e bo número de tendas de artesanía.
Poden tamén visitarse nos arredores os xacementos arqueolóxicos da Península de Dingle.
