Diner andorrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diner andorrano
Diner andorrà en catalán
Código:
Ámbito: Andorra Andorra
Símbolo: D.
Fracción: 100 cèntims
Emisor: Non é unha moeda legal.
Só para coleccionistas.
Taxa de troco:
Troco nunca fixado oficialmente.
1 D. = 5 FRF
1 D. = 100 ESP
1 D. = 0,75 EUR
Troco actual

O diner andorrano é unha divisa conmemorativa, emitida no Principado de Andorra en forma de moedas para coleccionistas. O "diner" está dividido en 100 "cèntims". O nome diner (moeda en catalán ou diñeiro en galego) derívase da divisa romana denario.

O Servizo de Emisións da Vigairía Episcopal emitiu, dende 1977, unhas series de moedas sen valor legal cun valor facial de diñeiro, aínda que anteriormente se realizaron algunhas emisións privadas. O seu valor de referencia, sen valor de troco, era de 100 pesetas ou 5 francos franceses. En 1998 é o Consello Xeral quen emite por primeira vez unha serie de diñeiro para conmemorar o 250 aniversario do Manual Digest.

O seu valor é principalmente para coleccionistas, dada a escasa tirada das emisións. Emitiuse en moedas de prata, ouro e bimetálicas. O motivo máis reproducido é a figura de Carlomagno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]