Dimosia Tileorasi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A "Televisión Pública" (DT) (orixinalmente en grego Δημόσια Τηλεόραση) foi un canal de televisión público estatal temporal en Grecia até a creación de tres novas canles de televisión públicas do grupo público NERIT A.E (NERIT 1, NERIT Sports e NERIT HD ). Dende o 27 de xaneiro de 2014, a xestión do DT foi para o grupo de NERIT, quen é quen opera a nova agrupación radiotelevisiva pública grega.

Logotipo da canle da extinta Dimósia Tileórasi.

Na mañá do 10 de xullo de 2013 DT comezou a transmitir na televisión nas frecuencias de ERT. O viceministro Pantelis Kapsis fixo unha aparición o mesmo día, nun programa de faladoiros nunha estación de televisión ben coñecida (dende os antigos estudos de Mega Channel en Paiania), fixo un discurso horas antes do inicio da programación regular da radiodifusión da nova canle, e tamén que EDT comezará a retransmitir dende un estudo privado. Deste xeito, ás 21:00 da noite do 10 de xullo de 2013, as primeiras imaxes do novo canle, foi a emisión dunha película grega ben coñecida, chamada "H κυρία Δήμαρχος" (A señora Dimarxos). A canle de televisión foi máis tarde renomeada de EDT (as iniciais de Ελληνική Δημόσια Τηλεόραση que en grego significa Televisión Pública Grega) para DT. DT finalizou as súas retransmisións o 4 de maio de 2014 pasando a converterse a canle NERIT 1.

ΔΤ2[editar | editar a fonte]

O Venres Santo, 18 de abril de 2014, comezaron as emisións do segundo canle de DT, ΔΤ2 (DT2) que transmitiu por primeira vez, e só para cubrir o play-off da Euroliga de baloncesto entre o Panathinaikos BC e o CSKA Moscova. O logotipo temporal de ΔΤ2 era o mesmo que ΔΤ cunha pequena etiqueta "2" na parte dereita.