Dimitri Yachvili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dimitri Yachvili nun partido do Biarritz Olympique

Dimitri Yachvili, nado o 19 de setembro de 1980 en Brive-la-Gaillarde, é un xogador francés de rugby. A súa posición no campo é medio de melé, xogaba en 2010 no Biarritz Olympique da liga francesa, e habitualmente tamén é titular na selección de rugby de Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu apelido é de orixe xeorxiano, dado que o seu avó foi unha vítima do nazismo que ó ser liberado loitou en Francia fronte ós alemáns, e despois quedou alí a vivir. Mais adiante, no seu tempo o pai de Dimitri tamén foi xogador de rugby e formou parte do XV do Galo. A pesares diso, Grégoire Yachvili, irmán mais vello de Dimitri, nado tamén en Brive-la-Gaillarde, xoga ó rugby representando á selección de rugby de Xeorxia.

O xogador comezou a súa carreira no club da súa cidade, o Club Athlétique Brive-Corrèze. En 1999 marchou a un clube universitario de París, e xa no 2001 firmou o seu primeiro contrato profesional co Gloucester Rugby, onde votou un ano antes de firmar definitivamente co Biarritz Olympique no 2002. Dende entón é un xogador franquía neste club bascofrancés. Dimitri Yachvili é un bo lanzador a paos, e de cote é o encargado de patear os penalties e as conversións no seu equipo.

O seu primeiro partido coa selección francesa foi no ano 2002. Dende ese ano ten xogado 7 veces o Torneo das Seis Nacións, gañándoo 4 veces, nos anos 2004, 2006, 2007 e 2010, ademais do mundial do ano 2003 no que Francia acabou cuarta.

Co equipo de Biarritz Olympique gañou dúas veces a liga francesa nos anos 2005 e 2006, e chegou outras dúas veces á final da copa de Europa nos anos 2006 e 2010, coa mala sorte de perder as dúas, fronte a Munster Rugby e Stade Toulousain.

Equipos[editar | editar a fonte]

Títulos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]