Digital Ash in a Digital Urn
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Digital Ash in a Digital Urn | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Álbum de Bright Eyes | |||||
| Data de edición: | 25 de xaneiro do 2005 | ||||
| Datas de gravación: | febreiro do 2004 | ||||
| Estudio(s) de gravación: | Presto! Recording Studios, Lincoln, Nebraska | ||||
| Duración: | 50:05 | ||||
| Xénero musical: | indie rock, electrónica | ||||
| Selo discográfico: | Saddle Creek Records | ||||
| Producido por: | Bright Eyes | ||||
| Cronoloxía | |||||
|
|||||
Digital Ash in a Digital Urn é un dos dous álbums da banda estadounidense Bright Eyes (xunto con I'm Wide Awake, It's Morning) editados o 25 de xaneiro do 2005 a través do selo Saddle Creek Records. O disco chegou ao número 15 nos Estados Unidos e ao 43 no Reino Unido. Contrastando coa natureza acústica de I'm Wide Awake It's Morning, este traballo é máis electrónico.
Os sinxelos "Take It Easy (Love Nothing)" de Digital Ash in a Digital Urn e "Lua" de I'm Wide Awake, It's Morning, fixéronse cos dous primeros postos da lista Billboard Hot 100 Single Sales.
[editar] Listaxe de cancións
- "Time Code" – 4:28
- "Gold Mine Gutted" – 3:56
- "Arc of Time (Time Code)" – 3:54
- "Down in a Rabbit Hole" – 4:33
- "Take It Easy (Love Nothing)" – 3:20
- "Hit the Switch" – 4:47
- "I Believe in Symmetry" – 5:24
- "Devil in the Details" – 4:06
- "Ship in a Bottle" – 3:27
- "Light Pollution" – 3:16
- "Theme from Pinata" – 3:18
- "Easy/Lucky/Free" – 5:31