Diferenzas entre o galego e o portugués

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa cronolóxico mostrando o desenvolvemento do galego (galician) e do portugués (portuguese).

As diferenzas entre o galego e o portugués son diversas e atópanse tanto a nivel fonético coma morfo-sintático, ademais de na ortografía e o léxico.[1] Unha parte destas é o resultado da castelanización do galego ao longo dos dous séculos en que foi marxinado como lingua culta, os chamados Séculos Escuros. Aínda que ambas teñen unha orixe común, actualmente hai opinións diversas sobre se deben ser consideradas ou non linguas separadas, existindo algúns lingüistas, tanto galegos coma portugueses, que consideran que se trata de variedades diferenciadas da mesma lingua, mentres que outros as consideran linguas distintas.[2]

As diferenzas[editar | editar a fonte]

As diferenzas danse basicamente a nivel fonético:

  • Inexistencia na maioría das falas galegas de sibilantes sonoras (z /z/, j /ʒ/ ) (aínda que existen nalgunhas zonas da Baixa Limia de Ourense[3], do galego exterior[3] e na fala de Estremadura.)[4]
  • En galego non hai oposición entre vogais orais e nasais (aínda que están presentes nalgunhas zonas da provincia de León) o galego nasaliza as vogais en contacto con nasal, pero iso non significa diferenciación fonolóxica.[5]
  • O resto de diferenzas, son as mesmas atopadas nos dialectos portugueses setentrionais respecto do portugués estándar: pronuncia de ch como "tch", confusión b/v, pronuncia clara dos ditongos oi/ou (con alternancia segundo o padrón: loiro / louro), etc.[6]

O tratamento da nasalidade é variable nas falas galegas, con diferente evolución nos dialectos portugueses; así, as tres terminacións do galego-portugués:

-ão
-am/-ã
-om/-õ

dan lugar en portugués ao ditongo nasal -ão, mentres que en galego sufriron evolucións diversas:

-ão→ -án/-ao irmán 'irmán' (dialectalmente irmao) (= irmão)
-ãa→ -á/-án irmá (dialectalmente irmán) (= irmã)
-am→ -an/-a ra (dialectalmente ran), (= rã)
-om→ -on razón 'razón'
  • plurais: -ões→ -óns / -ós / -ois razóns 'razóns', (dialectalmente razós e razois)

Nótese que existe flutuación entre o mantemento da nasalidade a través dunha monoptongación (irmão > irmán, en xeral, na área occidental) ou o mantemento do ditongo mediante a desnasalización (irmão > irmao, en xeral no centro e a área oriental). Con todo, existen pequenas áreas onde aínda existen vogais e ditongos nasais (na área oriental).

Outras diferenzas entre as variantes comúns non son aplicables á totalidade das falas: En galego existe o chamado ditongo indoeuropeo[Cómpre referencia], ui ou oi que substituíu a ou tónica latina en portugués luso-brasileiro (subsiste, con todo, dialectalmente en Portugal).

Froito 'froito'
Loitar, loita 'loitar, loita'
Escoitar 'escoitar'

Estes ditongos son de tipo etimolóxico, fructu > fruito, luctare > luitar, auscultar > ascoltare > escoutar > escoitar > escuitar (análogo a multu > molto > mouto > moito > muito), a súa perda débese a relatinizacións modernas (séculos XVI-XVII), "luctar, "fructo", cando o "c-" deixouse de pronunciar. Un caso común ao galego e o portugués é "acto", orixinalmente actu > auto (auto-dá-fé), pero foi relatinizada a "acto".[7]

En galego consérvase o pronome arcaico che que se alterna coa forma te, dependendo de se se fai referencia a un obxecto/complemento directo ou indirecto.

Collerche as mans 'collerche as mans'

Tamén se conserva a forma de plural llelos (< lles+vos), e non a forma común atopada en portugués (lhos). O galego tamén conserva grupos de pronombres enclíticos, debido á existencia dun "pronome de solidariedade" (gal. non cho teño / por. não to tenho, não tenho isso que queres).

Cambios nas conxugacións verbais.
gal. Eu son / port. Eu sou
gal. Vós sodes / port. Vós sois
gal. Eles son / port. Eles são
gal. Eles falaron / port. Eles falaram
gal. Eu fun / port. Eu fui o galego nasaliza sistematicamente as primeiras persoas dos antepretéritos g. collin /p. colhi, g. estiven / p. estive, daí, g. fun > fuin > fui)
arcaísmos

A comparativa ca ([do] que), do latín qua > ca, vai seguida do pronombre de dativo e non do pronome persoal: g. máis alto ca min / p. mais alto que eu.

Castelanismos en galego

Castelanismos en portugués

  • Certas palabras de orixe castelá foron introducidas ao portugués, mentres que a forma orixinal foi preservada en galego, así en portugués tense penha, repolho, castelhano, menino, fronte ás formas correspondentes ao galego pena, repolo, castelán, meniño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alfredo Maceira Rodríguez. "Galego e português modernos: Um estudo comparativo". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2010. Consultado o 09 de novembro de 2018. 
  2. José Luís Fontenla. "A língua portuguesa na Galiza". 
  3. 3,0 3,1 Las consonantes fricativas de la lengua gallega, Figura 1 Mapa de los sistemas del seseo en la lengua gallega. (Fernández Rei 1991:193)
  4. cfr. páx 362, Entwistle, 1988
  5. cfr. páx 361, Entwistle, 1988
  6. cfr. pp. 361 e 362, Entwistle, 1988
  7. na norma do AO, "ato"