Dieter Thoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dieter Thoma
Nacemento19 de outubro de 1969
Lugar de nacementoHinterzarten
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónskier e saltador de esquí
CónxuxeManuela Thoma-Adofo
PremiosOrder of Merit of Baden-Württemberg e Bavarian TV Awards
editar datos en Wikidata ]

Dieter Thoma, nado o 19 de outubro de 1969 en Hinterzarten, é un antigo saltador de esquí alemán e comentarista deportivo de RTL Television.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu tío Georg Thoma fora campión do mundo e olímpico en combinada nórdica. Dieter gañou a súa primeira competición en 1990 ó gañar o Torneo dos Catro Trampolíns. Gañou tamén o Campionato do Mundo de Salto de Esquí en Vikersund en 1990. Antes de comezar a tempada 1993-94 trocou de técnica, pasou do salto con esquís paralelos ó Estilo V, e formou co equipo alemán que gañou a competición por equipos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1994 en Lillehammer, gañando tamén unha medalla de bronce individual no trampolín normal. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 en Nagano gañou unha medalla d e prata no trampolín grande por equipos.

Thoma gañou cinco medallas nos Campionatos de Esquí Nórdico, unha de ouro por equipos en trampolín grande (1999), dúas de prata, trampolín grande por equipos: 1995, individual trampolín grande: 1997), e dúas de bronce, trampolín grande por equipos: 1991 e 1997. Retirouse despois da tempada 1998/99.