Diego Sarmiento Valladares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auto de fe o 30 de xuño de 1680 na Praza Maior de Madrid.

Diego Sarmiento Valladares, nado en 1611 en Vigo e finado o 29 de xaneiro de 1695 en Madrid, foi un relixioso galego que chegou a ser bispo de Oviedo e Plasencia e Gran Inquisidor.

Diego pertencía a unha familia nobre galega, era fillo de Luís Sarmiento, señor de Valladares, e de Inés de Arines Troncoso, señora de Camos. O seu parente José Sarmiento Valladares foi vicerrei da Nueva España.[1]

O 30 de xaneiro de 1668 recibiu o cargo de bispo de Oviedo. O seu mandato durou pouco, pois trasladouse a Plasencia para ser nomeado bispo alí o 17 de setembro de 1668, ocupando o cargo ata o 26 de abril de 1677.

En 1668 foi designado presidente do Consello de Castela en substitución do defunto Diego Riquelme de Quirós,[2] e en 1669 sucedeu ao destituído Juan Everardo Nithard no cargo de inquisidor xeral, e nese posto dirixiu o auto de fe de 1680.[3]


Predecesor:
Ambrosio Espínola de Guzmán
Bispo de Oviedo
1668
Sucesor:
Afonso de Salizanes y Medina
Predecesor:
Diego Riquelme de Quirós
Bispo de Plasencia
1668 - 1677
Sucesor:
Juan Lozano
Predecesor:
Diego Riquelme de Quirós
Presidente do Consello de Castela
1668 - 1669
Sucesor:
Pedro de Guzmán
Predecesor:
Juan Everardo Nithard
Inquisidor xeral
1669 - 1695
Sucesor:
Juan Tomás de Rocabertí

Notas[editar | editar a fonte]