Diego San José

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diego San José de la Torre»)
Infotaula de personaDiego San José

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1884 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de novembro de 1962 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Redondela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoDramaturxia, poesía, novela e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioDiego San José
Román de la Torre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesFrancisco San José (pt) Traducir () Editar o valor em Wikidata

Diego San José de la Torre, nado en Madrid o 9 de agosto de 1884 e finado en Redondela o 10 de novembro de 1962, foi un escritor, xornalista e historiador español, estudoso do Século de Ouro, cronista de Madrid e un prolífico colaborador de Novela Corta e El Cuento Semanal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na rúa Torrecilla del Leal de Madrid, aínda que a familia trasladouse despois á rúa Ventura de la Vega. Era o maior de 6 irmáns e seu pai era propietario dun negocio de alugueiro de coches de luxo. Fixo os seus primeiros estudos no Colexio de Montserrat e nas Escolas Pías de San Antón e desde moi novo sentiu a chamada das letras sendo un voraz devorador dos clásicos do Século de Ouro.

Ante as súas inclinacións literarias, seus pais intentaron apartalo dun futuro tan incerto, así, durante algún tempo tomou leccións de debuxo de Alejandro Saint Aubin, foi escribente en Las Salesas Reales e traballou na secretaría particular de José Canalejas, aínda que logo empezou a publicar os seus primeiros versos nas revistas Madrid Cómico e Vida Galante. Aos 23 anos, estreou no Teatro de la Princesa a comedia El último amor e máis adiante El semejante a sí mismo. Colaborou nos diarios El Globo, La Mañana, ABC e El Imparcial. Por esta época veu a luz o seu primeiro libro, Los hijosdalgos del Hampa. Colaborou nos máis prestixiosos diarios e revistas de Madrid e o seu nome faise popular e ten infinitos lectores.

En 1931 coa chegada da II República adheriuse a ela, cando era un dos escritores máis populares de España, que xa escribira milleiros de artigos, trinta libros, máis de sesenta novelas, crónicas, lendas, temas de historia e poesía. Amigo do escritor Ramón Fernández Mato, ocupou a Xefatura de prensa da Dirección Xeral de Seguridade, dirixida polo escritor e político galego. Durante a guerra non deixou de publicar na prensa artigos nos que defendía o réxime legal establecido, aínda que nunca militou en ningún partido. Por iso foi detido o 10 de abril de 1939 e enviado a prisión por dirixir durante tres anos o nada esquerdista Blanco y Negro; o Consello de Guerra condenouno a morte, conmutándose esta pola de cadea perpetua, grazas á intervención do xeneral José Millán-Astray, amigo e admirador do escritor.

O final da Guerra Civil supuxo para o escritor o final da súa carreira literaria, pois xa non tiña cabida no novo réxime. Foi trasladado á prisión da illa de San Simón, na ría de Vigo e cando se cerrou esta, foi enviado ao cárcere de Vigo, situado na rúa do Príncipe. Pasou cinco anos de reclusión, ata que foi liberado, establecendo a súa residencia en Redondela ata a súa morte. Diego San José contou a súa experiencia carceraria en De cárcel en cárcel, importante documento da época. Continuou escribindo, baixo o pseudónimo de Román de la Torre, aínda que xa moi poucos libros verían a luz, algunhas colaboracións na revista Caminos de Hierro, editada por RENFE e en Faro de Vigo. O resto da súa obra posterior á guerra segue aínda inédita. O seu penúltimo libro, Estampas Nuevas del Madrid Viejo, dedicoullo a José Regojo e á súa esposa Rita Otero Fernández, quen, xunto a Ernestina Otero Sestelo, lle brindaron a súa axuda durante a súa estancia en Redondela, onde faleceu o 10 de novembro de 1962.

Trala súa morte publicouse en 1988 a obra autobiográfica De cárcel en cárcel, ilustrada con debuxos de José Robledano e versos do autor, nos que palpita a emoción daqueles momentos e que foron sacados burlando a vixilancia estreita das prisións, grazas a diversos enxeños e medios, e que hoxe son fiel testemuña do acontecido naqueles anos nos cárceres de España.

Obra[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • Cuando el motín de las capas.
  • De cárcel en cárcel.
  • Doña Constanza.
  • El alma al diablo.
  • El humo de la gloria.
  • El jardín de Lope.
  • El Libro de Horas.
  • El sombrero del rey.
  • En pecado mortal.
  • Gente de ayer.
  • Ginés de Pasamonte.
  • Godoy.
  • Gratas memorias.
  • La estatua de nieve.
  • La Mariblanca.
  • La monja del amor humano.
  • Las llamas del Fénix.
  • Mozas del partido.
  • Puñalada de pícaro.
  • Una pica en Flandes.
  • Una vida ejemplar (Ginés de pasamonte).
  • El Alma de Torquemada.

Narracións históricas[editar | editar a fonte]

  • El abogado del diablo. Breviario Histórico de la Vida de Felipe II.
  • El Cura Merino'.
  • El Madrid de Goya.
  • Estampas nuevas del Madrid viejo.
  • La corte del rey embrujado.
  • La corte del Rey galán.
  • La monarquía, la privanza y el ingenio.
  • Los Hijosdalgos del hampa.
  • Madrid Fernandino.
  • Martirologio Fernandino.
  • Mentidero de Madrid.
  • Milicias de la libertad.
  • Vida ejemplar de Isabel II.
  • Vida y "milagros" de Fernando VII.
Illa de San Simón na Ria de Vigo

Teatro[editar | editar a fonte]

  • El manteo prodigioso (Adaptación).
  • El primer novio.
  • El semejante á si mismo (Adaptación).
  • El tren expreso.
  • Fuenteovejuna (Adaptación).
  • Las mocedades de Lope.
  • La ilustre fregona (Adaptación).
  • Un último amor.
  • Espronceda.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Mis primeros versos.
  • Rufianescas.
  • De cárcel en cárcel.
  • Versos de capa y espada.

Zarzuela[editar | editar a fonte]

  • La Ventera de Alcalá.- Letra: José María Granada e Diego San José, Música: Luna e Calleja

Panxoliñas[editar | editar a fonte]

  • Arre Borriquito.- Música Ricardo Boronat.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hernández Girbal, F. (1999). A los 97 años: personajes, amigos, recuerdos y añoranzas. ISBN 84-85079-16-7. 
  • Hernández Girbal, F. (1979). Historia y Vida. 
  • Rico, Francisco (1979). Historia y crítica de la literatura española. 
  • Rodríguez Cáceres, Milagros. Manual de literatura española: Novecentismo y vanguardia. ISBN 8485511042. 
  • Sainz de Robles, Federico Carlos (1972). Antología de la novela corta. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]