Diego Maceira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diego Maceira Muíños»)
Diego Maceira
Información persoal
Nome Diego Maceira Muíños
Nacemento 24 de marzo de 1990 (34 anos)
Lugar de nacemento Vigo
Altura 1,84 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Racing de Ferrol
Carreira xuvenil
2009–2009 Porriño Industrial Xuvenil
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2010 Porriño Industrial
2010–2011 Alondras
2011–2014 Celta B 97 (5)
2014–2018 Racing de Ferrol 122 (7)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de abril de 2018
editar datos en Wikidata ]

Diego Maceiras Muíños, nado en Vigo o 24 de marzo de 1990, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de lateral esquerdo. Ata o ano 2018 xogou para o Racing de Ferrol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Porriño Industrial Club de Fútbol, co que debutou en Preferente autonómica en 2009. Ao anos seguinte fichou polo Alondras CF de Terceira División. No verán de 2011 fichou polo Celta de Vigo B, de Segunda División B, porén ese mesmo ano o equipo descendeu.

No verán de 2014 incorporouse ao Racing Club de Ferrol, co que xogou dúas fases de ascenso consecutivas á Segunda División do fútbol español, nas temporadas 2014/15 e 2015/16.

Retirouse do fútbol no 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]