Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bermúdez  |
|
| Nome completo: |
Diego Andrés Bermúdez Penabad |
| Alcume: |
' |
| Data de nacemento: |
19 de xuño de 1982 (30 anos) |
| Lugar de nacemento: |
As Pontes de García Rodríguez, Galicia |
| Data de falecemento: |
{{{datafalecemento}}} |
| Lugar de falecemento: |
{{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} |
| Nacionalidade: |
 |
| Club actual: |
{{{club}}} |
| Posición: |
Defensa |
| Altura: |
1,89 metros |
| Partidos internacionais: |
|
| Goles: |
|
| Ano do debut: |
2001 |
| Club do debut: |
Viveiro |
| Ano do retiro: |
|
| Club do retiro: |
|
Diego Andrés Bermúdez Penabad, máis coñecido como Bermúdez, nado nas Pontes de García Rodríguez o 19 de xuño de 1982, é un futbolista galego. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o Cádiz CF da Segunda División B Española.
Traxectoria [editar]
Formado nas categoría inferiores do Celta de Vigo, é fillo de José Antonio Bermúdez, xogador do Calvo Sotelo, Perlío e Racing de Ferrol na década de 1970. Bermúdez xogou desde neno no Endesa As Pontes, onde foi campión de Liga e Copa de Ferrol en categoría alevín nos anos 1993 e 1994, en infantís en 1995 e 1996 e campión da Liga de Ferrol cadete en 1998.[1]. Actúa de lateral esquerdo e pasou polo Viveiro, Racing Vilalbés, Compostela, Arteixo, Móstoles, Osasuna B e Leganés, antes de chegar ao Alcorcón, onde xoga actualmente. Neste equipo viviu a experiencia do 'Alcorconazo' ante o Real Madrid en Copa do Rei e o primeiro ascenso a Segunda da historia do club.[2].
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]