Die Sprache

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Die Sprache é unha revista de lingüística internacional, que traballa segundo o principio de revisión por pares. Fundárona en 1949 Paul Kretschmer, Wilhelm Havers e Wilhelm Czermak. Die Sprache inclúe aportacións sobre temas de lingüística histórica e comparada, especialmente de indoeuropeística. Ademais aparecen non só gramática comparada e etimoloxía, senón tamén fontes, epigrafía, interpretación lingüística de textos e aspectos culturais e históricos. A revista publícase na Verlag Harrassowitz (Wiesbaden); normanlmente aparecen dous fascículos por ano. Por parte da Wiener Sprachgesellschaft exerce actualmente como director Heiner Eichner coa colaboración de Hans Christian Luschützky, Robert Nedoma, Oskar E. Pfeiffer, Chlodwig H. Werba (Universidade de Viena) e Klaus T. Schmidt. O seu ISSN é 0376-401X.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]