Diccionario de uso del español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Diccionario de uso del español
Autor/aMaría Moliner
Lingualingua castelá
Data de pub.1966
editar datos en Wikidata ]

O Diccionario de uso del español é unha obra creada pola lexicógrafa española María Moliner a partir de 1962.

En palabras de Manuel Seco[1], membro da Real Academia de la Lengua: "... é o intento innovador máis ambicioso .... O propósito era tomar a definición das palabras incluídas no DRAE para refundilas e mostralas doutro xeito.

Habitualmente non se usa como dicionario enciclopédico, senón como referencia para escritores de todo tipo, por exemplo literatos, periodistas, ou tamén escritores de documentación técnica.

Hai 3 versións. A primeira xa non se edita e segue a estrutura orixinal da autora. A segunda está reorganizada e as definicións varían bastante, para [1] "completar e darlle forma definitiva aos materiais existentes". Esta segunda versión é causa de conflitos entre a editorial e os herdeiros da escritora.

Primeira versión[editar | editar a fonte]

Como ela mesma indicou na presentación da súa obra: "A denominación «de uso» aplicada a este dicionario significa que constitúe un instrumento para guiar no uso do español [...] traendo todos os recursos de que o idioma dispón".

Para isto, non segue estritamente a orde alfabética, senón que se agrupan os termos como nun tesauro.

Así, María Moliner conseguiu extraer o significado das palabras, e agrupalas usando esta base. Dun modo natural, indícanse relacións entre os termos, marcando o camiño para o correcto uso deles. A idea non era nova. Xa no século XIX Paul Robert fixera o mesmo co francés, e Julio Casares en 1942. Outro exemplo é a obra de Peter Mark Roget en inglés. Foi estimulante o libro Learner's dictionary of current english que seu fillo Fernando lle proporcionou en 1952.

Na presentación do seu libro explícanse que as características máis importantes son:

  • Alumbramento de modos de dicir
    • Sinónimos
    • Catálogos de palabras afíns
    • Expresións pluriverbais
    • Nomes científicos de nomes e plantas
  • Regras gramaticais
    • Aclaracións gramaticais
    • Artigos con desenvolvemento gramatical
  • Estrutura e redacción
    • Reelaboración dos artigos
    • Estrutura ascensional
    • Teoría da definición
    • Definición das palabras cume
    • Fórmulas definitorias
    • Os participios
    • Os adxectivos
    • Certas especificacións necesarias na definición
  • Etimoloxías
    • As etimoloxías
    • Extensión con respecto ao DRAE
    • Neoloxismos; puristas e innovadores
    • Adición de modismos
    • Ordenación por familias
    • Desdobramento dos signos ch e ll
    • Ordenación das acepcións
    • Palabra ordenatriz nos modismos e frases

Segunda versión[editar | editar a fonte]

A Editorial Gredos tiña os dereitos de publicación e en 1998 decide actualizar o dicionario.

Nesta ocasión reordena alfabeticamente as palabras e modifica abundantes significados, nun intento de renovar o contido, feito que ofendeu aos herdeiros de María Moliner, que interpuxeron varias demandas contra esta edición.

Terceira versión[editar | editar a fonte]

Publicada en 2007, segundo a propia editorial, esta versión débese a un proceso "de revisión e actualización, e a certos cambios formais que permitiron clarificar o texto e facilitar a súa consulta".

Esta edición está tamén dispoñíbel en versión electrónica nun CD-ROM que inclúe 7.700 entradas e 25.000 acepcións novas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]