Diari de Balears
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O xornal Balears, que hoxe sae á rúa co nome Diari de Balears, apareceu en Palma de Mallorca ao final da guerra civil española. Xurdiu tras a fusión de El Día co órgano de expresión falanxista Aquí estamos, chegando a ser o diario de maior difusión das illas. Na última época da ditadura franquista e durante a transición perdeu un importante número de lectores. O formato actual adoptouse en 1996 tras a adquisición do xornal polo grupo Serra.
É publicado en catalán.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina web (en catalán)