Dian Fossey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dian Fossey, nada en 1932 e finada en 1985, foi unha bióloga norteamericana.

[editar] Traxectoria

Nada o 16 de xaneiro de 1932, obtivo o título en terapia ocupacional no San Jose State College no 1954, e trasladouse a Kentucky para traballar nun hospital que deixou polo impulso de visitar África, onde se reuniu co Dr. Leakey no 1963. En Ruanda creou o Centro de Investigación Karisoke no 1967. No 1974 obtivo o doutorado en Cambridge.

Esta primatóloga norteamericana estivo interesada na vida dos gorilas, completando diversos estudos sobre varios grupos destes animais a partir da súa observación diaria nos bosques de montaña no entorno de Ruanda.

Foi atopada asasinada o 26 de decembro de 1985. Hai evidencias que relacionan a súa morte coa súa defensa dos gorilas e o seu hábitat.

É famosa a súa memoria “Gorilas na néboa”, de fondo científico, que foi levada ó cine de xeito novelado no filme Gorillas in the Mist: The Story of Dian Fossey, protagonizado por Sigourney Weaver.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas