Diadema de Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A diadema de Ribadeo é unha xoia de ouro, formada por unha ancha lámina rectangular, dividida en dúas bandas horizontais, con baixorrelevos que representan escenas nas que aparecen guerreiros a pé e a cabalo, armados con puñais curtos e lanzas, con escudos pequenos e cascos de cornos ou penachos, personaxes (quizais divindades cornudas) portando grandes caldeiros ou ánforas (nunha probable analoxía co caldeiro de Gundestrup) e un pequeno poltro.

Índice

[editar] Características

Toda a escena ten lugar nun río, con cormoráns pescando salmóns. O simbolismo desta escena está debatido, segundo algúns autores, fai referencia a un sacrificio, segundo outros está relacionada cun culto acuático e un terceiro grupo opina que está relacionado coas crenzas celtas nas que os ríos eran as rutas do Alén. Esta forma de representar os guerreiros tamén aparece nas estelas do suroeste da Península Ibérica.

É posible que pertencera a algunha dama no século V a.C. Na actualidade atópase dividida en varios fragmentos gardados en tres museos: o Museo Arqueológico Nacional, en Madrid, o Instituto de Valencia de Don Juan, en Madrid e o Museo de Saint-Germain-en–Laye, en París.

[editar] Procedencia

Existe certa controversia sobre a súa procedencia. Algúns autores, como Eduardo Peralta ou Antonio García Bellido, afirman que procede de Moñes, en Piloña (Asturias). Outros, como J. Manzanares ou J.M. Gómez Tabanera, atribúenlla a Valdereixe, en San Martiño de Oscos. E outros como Pedro Bosh Gimpera, López Cuevillas e Fermín Bouza-Brey, ao castro das Grobas, en Ribadeo.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Pedro Damián Cano Borrego, Los Celtas:La Europa del Hierro y la Peninsula Ibérica.
  • Francisco Lanza Álvarez, Ribadeo Antiguo.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas