Deval Patrick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deval L. Patrick

Deval Laurdine Patrick (nado o 31 de xullo de 1956 en Chicago, Illinois) é un político estadounidense e gobernador do estado de Massachusetts. O 7 de novembro de 2006 Patrick converteuse na primeira persoa de raza negra en acadar o cargo de gobernador nese estado e no segundo gobernador desa raza na historia do país; tamén foi o primeiro tralo período de reconstrución que seguiu á Guerra Civil Estadounidense. Gañou co 56% dos votos, cunha vantaxe do 20% sobre o seu rival directo, Kerry Healy. Tomou posesión do seu cargo en de 2007. Fillo do músico de jazz Pat Patrick e de Emily Mae Wintersmith[1], educouno a súa nai logo da separación da parella en 1959. Está casado con Diane Patrick e ten dúas fillas, Sarah e Katherine. Pertence ao Partido Demócrata.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ancestry of Deval Patrick