Dettifoss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dettifoss no mapa
Fervenza de Dettifoss (Islandia)

Dettifoss é unha fervenza do Parque Nacional de Jökulsárgljúfur, sito no nordés de Islandia, preto de Mývatn. Está situada no leito do río Jökulsá á Fjöllum, que nace no glaciar de Vatnajökull e recolle auga dunha grande área da zona nordeste da illa. A fervenza ten 100 metros de ancho e unha caída de 44 metros ao canón de Jökulsárgljúfur. É a maior fervenza de Europa no tocante ao volume de auga, cuns caudais medio e máximo de 200 e 400 metros cúbicos por segundo, respectivamente [1].

[editar] Música

A composición musical "Dettifoss (Op. 57)", de Jón Leifs, está inspirada nesta fervenza.

[editar] Notas

  • Leffman, David; and Proctor, James (2004). The Rough Guide To Iceland, Rough Guides, 281. ISBN 1-84353-289-1.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas