Despotado de Morea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDespotado de Morea
Δεσποτάτο του Μορέως (grc) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 37°30′N 22°30′L / 37.5, 22.5Coordenadas: 37°30′N 22°30′L / 37.5, 22.5
CapitalMistras (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficialGrego medieval (pt) Traducir
lingua albanesa Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1349 Editar o valor em Wikidata
Disolución1460 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
MoedaHyperpyron Editar o valor em Wikidata

O Despotado de Morea (en grego: Δεσποτᾶτον τοῦ Μορέως) ou Despotado de Mistrá (en grego: Δεσποτᾶτον τοῦ Μυστρᾶ) foi unha provincia do Imperio bizantino que existiu entre mediados do século XIV e mediados do XV. O seu territorio variou en tamaño durante os seus 100 anos de existencia, pero co tempo chegou a tomar practicamente toda a península sur de Grecia, o Peloponeso, que foi chamada Morea na Idade Media. Foi gobernada xeralmente por un parente próximo ao emperador bizantino, que recibiu o título de déspota. A súa capital era a cidade fortificada de Mistrá, preto da antiga Esparta, que se converteu nun importante centro da cultura e o poder bizantino.

Orixe[editar | editar a fonte]

Durante a Cuarta Cruzada, os cruzados conquistaron Constantinopla no ano 1204 e o imperio Bizantino foi derrubado. No antigo territorio bizantino de Morea, os cruzados fundaron o Principado de Acaia, gobernando Guillerme II de Acaia. Pero o ano 1259, o bizantino Miguel VIII Paleólogo derrotouno e capturouno na Batalla de Pelagonia. A resultas desta batalla, os bizantinos recuperaron o control de parte sur da Península de Morea, que se converteu no núcleo do Despotado bizantino de Morea e estivo permanentemente en loita contra o Principado cruzado de Acaia. Pouco despois, o emperador Miguel VIII Paleólogo recapturaba Constantinopla e declaraba restaurado o imperio Bizantino.

Constitución e expansión do Despotado[editar | editar a fonte]

O emperador bizantino Xoán VI Cantacuzeno (1347-1355)[1] reorganizou politicamente a provincia bizantina e constituír como un despotado para que fose gobernado polo seu fillo e sucesor Manuel Cantacuzeno.[2] Teodoro I Paleólogo,[3] un irmán máis novo do emperador Andrónico IV Paleólogo, apoderouse do despotado en 1383,[4] onde gobernou ata 1407,[5] consolidando a hexemonía bizantina na península e levando á destrución ao Principado de Acaia en 1432,[6] cando caeu o último reduto do poder cruzado, a cidade de Patrás.

Desaparición[editar | editar a fonte]

En 1453 produciuse a Caída de Constantinopla a mans dos turcos otománs pese aos intentos de auxilio enviados desde o Despotado de Morea.[7] Trala caída definitiva do imperio Bizantino, os déspotas de Morea sometéronse ao Imperio Otomán, pero en 1460 o territorio foi invadido polos otománs.[8]

Déspotas de Morea[editar | editar a fonte]

Mapa da Provincia de Mistra, predecesora do Despotado de Morea, en 1265
(William R. Shepherd, Historical Atlas, 1911).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. S. Runciman, op. cit., p.52
  2. G. Ostrogorski, op.cit., p.549
  3. G. Ostrogorski, op. cit., p.564-565.
  4. S. Runciman, op. cit., p.57
  5. S. Runciman, op. cit., p. 65
  6. G.Ostrogorski, op. cit., p. 582
  7. S. Runciman, op. cit., p. 87
  8. S. Runciman, op. cit., p. 90