Desoxicitidina trifosfato
A desoxicitidina trifosfato ou trifosfato de desoxicitidina, abreviado como dCTP, é un nucleótido formado polo nucleósido desoxicitidina esterificado cun grupo de tres fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada citosina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de tres fosfatos esterificado no carbono 5' cos fosfatos unidos entre si por enlace anhidro.
A dCTP intervén na síntese do ADN. O dCTP chega á zona onde se está producindo a replicación do ADN, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato, e únese á cadea de ADN en formación como dCMP.
A dCTP orixínase por fosforilación do dCDP cun fosfato cedido polo ATP en reacción catalizada por unha quinase [1].
Notas [editar]
- ↑ Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. Páxina 390. ISBN 84-282-0738-0
|
|||||||||||||||||||||||||||||