Desoxiadenosina monofosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desoxiadenosina monofosfato.

A desoxiadenosina monofosfato, tamén chamada monofosfato de desoxiadenosina ou ácido 5'-desoxiadenílico (ou desoxiadenilato), abreviada como dAMP, é un nucleótido que forma parte do ADN formado polo nucleósido desoxiadenosina esterificado cun fosfato. A molécula consta do azucre desoxirribosa enlazado á base nitroxenada adenina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo fosfato esterificado no carbono 5' do azucre[1].

A función do dAMP na célula é a de ser un dos nucleótidos que forma parte do ADN, xunto con dGMP, dCMP e dTMP. Os nucleótidos chegan á zona de replicación do ADN como nucleótidos trifosfato, neste caso dATP, perden dous fosfatos en forma de pirofosfato, e enlázanse á cadea de ADN en formación como nucleótidos monofosfato, neste caso dAMP.


Notas [editar]

  1. Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. Páxina 798. ISBN 84-282-0738-0