Desoxiadenosina difosfato
A desoxiadenosina difosfato ou difosfato de desoxiadenosina, abreviado como dADP, é un nucleótido formado polo nucleósido desoxiadenosina esterificado cun grupo de dous fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada adenina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo de dous fosfatos esterificado no carbono 5', os cales están unidos entre si por enlace anhidro.
A dADP, como en xeral todos os desoxirribonucleótidos difosfato (menos o dTDP), fórmase a partir do ribonucleótido difosfato correspondente, neste caso ADP, cuxa ribosa é reducida en posición 2' a desoxirribosa pola ribonucleótido redutase. Nesta reacción intervén a proteína transportadora de hidróxeno tiorredoxina[1].
O dADP pode fosforilarse nunha reacción co ATP para dar dATP, catalizada por unha quinase.
Notas [editar]
- ↑ Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. Páxina 633. ISBN 84-282-0738-0
|
|||||||||||||||||||||||||||||