Der Steppenwolf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edición orixinal en alemán de Der Steppenwolf, 1927.
Hermann Hesse en 1926.

Der Steppenwolf (O lobo estepario en galego) é unha das máis célebres novelas de Hermann Hesse. Publicada en 1927 combina un estilo autobiográfico con elementos fantásticos que aparecen especialmente cara ao final da novela.

Argumento[editar | editar a fonte]

A novela consta de tres grandes partes: unha introdución, as anotacións do protagonista e o tractat do lobo estepario.

Introdución[editar | editar a fonte]

Na introdución o sobriño da dona da pensión onde Harry Haller (o que se nos presenta tamén como lobo estepario) aluga unha habitación e a alcoba contigua, fálanos sobre este personaxe, que desde o primeiro momento que o viu quedou impresionado por algo que nin el mesmo sabía, pero chamoulle a atención, da o seu punto de vista sobre a súa psicoloxía, e tamén menciona un encontro nas escaleiras con el, onde Harry lle desvela que sente unha melancolía cara a burguesía, aínda que tamén indiferenza, melancolía porque el foi criado nun ambiente así, un día ata o convida a pasar a súa habitación onde so ve libros, viño, cigarros, e algúns cadros que vai rotando de vez en cando, o relato termina cando marcha da pensión, e o narrador decide entrar na habitación e encontra unhas anotacións de el que decide publicar.

Anotacións de Harry[editar | editar a fonte]

Na primeira parte das anotacións de Harry ocorren os feitos que acabamos de ver na introdución só que desde o punto de vista de Harry, e descubrimos máis cousas que non puidemos percibir na introdución, a historia realmente comeza cando se atopa cunha porta na verde tapia onde puido ler con dificultade “teatro máxico, non para calquera. Só para tolos”.

Outro feito a destacar e o seu encontro con aquel misterioso home que levaba o anuncio nas costas, o cal non lle dixo nada, nin deu ningunha pista sobre esa “velada anarquista”, so lle entregou un papel que poñía “tractat do lobo estepario, non para calquera”; as anotacións de Harry continúan despois desta outra parte

Tractat do lobo estepario[editar | editar a fonte]

Neste folleto fálanos dun lobo estepario, máis ben dun humano que se sente un lobo estepario e que toma a súa personalidade, fálanos do que en parte lle ocorre a Harry a loita entre a súa alma humana e a do lobo. A do lobo representa todo o sanguinario, feroz, ... e o do home todo o intelixente, culto, amable, e normal por dicilo dalgunha maneira. Pero danos a entender que non é unha “batalla” entre a súa alma de lobo e a humana, senón entre moitas personalidades que usa cando en determinados momentos.

Anotacións de Harry[editar | editar a fonte]

Esta é a segunda parte que ven a continuación do tractat do lobo estepario, primeiro sucede o encontro de Harry cun antigo profesor o cal o invita a cear na súa casa, e neste feito a súa alma de lobo gañoulle a de humano, entón desesperadamente marchou do encontro e botou a correr sen rumbo pola cidade, e acabou entrando nun bar, onde tocaba música jazz, cousa que el odiaba, alí coñeceu a Armanda, a cal esperou e invitou a cear o seguinte martes, ata o martes non parou de pensar en ela, ata que chegou o encontro, Armanda xunto con María e Pablo fixérono entra nun mundo e coñecer unha parte de si que nunca experimentara, fixérono entrar nun mundo de sexo, drogas e música, algo novo para el.

Despois dunha festa Pablo leva a Harry ó teatro máxico, nese momento vai coñecer o verdadeiro Harry, e aquí descubriría que dependendo do momento tería que usar unha personalidade ou outra, tamén aparece o primeiro fracaso amoroso infantil que o vai afastar do amor, este pequeno teatro era en realidade unha viaxe interna onde podía aprender a bailar tango, manter unha conversación con Mozart...