Der Antichrist, Fluch auf das Christentum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Friedrich Nietzsche

Der Antichrist, Fluch auf das Christentum (O Anticristo. Maldición sobre o cristianismo) é unha obra do filósofo Friedrich Nietzsche publicada en 1888.

A obra[editar | editar a fonte]

Nesta obra o autor realiza unha análise dos elementos que segundo el converteron ós humanos en seres cada vez peores.

Nietzsche téntanos abrir os ollos ante as mentiras do cristianismo. Segundo el Deus non existe, xa que nunca atoparemos a ninguén que nolo poida confirmar con seguridade. Tamén nos di que o paraíso e a vida despois da morte non existen, e que a relixión cristiá ten sacerdotes para que as persoas nos sintamos liberados ó confesar as nosas malas accións ou pecados a alguén que cremos superior a nós só polo simple feito de velo como un enlace con Deus; un Deus que en realidade non existe. O autor cualifica estes sacerdotes de calumniadores e envelenadores.

Por outra banda, a opinión do autor céntrase en que o cristianismo non está en contacto coa realidade e que só hai cousas imaxinarias nel. Algunhas destas cousas son o espírito, a alma, o eu, Deus, o pecado, a salvación, a graza, o perdón dos pecados...

Noutro fragmento o autor fai referencia á creación do home e da muller, e dinos que son os dous maiores erros de Deus. Isto é debido a que somos os únicos seres que podemos pensar. Tamén menciona o froito prohibido, que segundo el non é máis que o temor de Deus. Este froito prohibido é a nosa actual ciencia, por iso é o maior temor de Deus, porque é a ferramenta que temos para obrigalo a pensar. Esta ciencia é un claro rival para Deus, e este culpa deste feito á víbora, que segundo Nietzsche é a muller, o seu segundo erro.

Influencias[editar | editar a fonte]

O libro ten unha grande influencia na sociedade, pois hoxe o cristianismo está moito menos estendido, xa que agora as sociedades son maioritariamente laicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • El Anticristo. Alianza (Biblioteca Nietzsche).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]