Der Steppenwolf

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O lobo estepario
Portada da primeira edición alemá
Título orixinalDer Steppenwolf
Autor/aHerman Hesse
OrixeAlemaña
LinguaAlemán
Tema(s)Identidade persoal
Xénero(s)Novela
EditorialS. Fischer Verlag
Data de pub.1927
FormatoCapa dura
Páxinas237
editar datos en Wikidata ]
Hermann Hesse en 1926.

Der Steppenwolf (que se traduciría como O lobo estepario en galego) é unha das máis célebres novelas de Hermann Hesse. Publicada en 1927, combina un estilo autobiográfico con elementos fantásticos que aparecen especialmente cara ao final da novela.

Contexto da obra[editar | editar a fonte]

Principiando 1924, Hesse casou en segundas nupcias coa cantante Ruth Wenger. Porén, despois de varias semanas, o escritor abandonou a cidade de Basilea para regresar a finais de ano alugando un apartamento separado. Tras unha curta viaxe a Alemaña xuntos de novo, Hesse decidiu deixar de ver definitivamente a súa muller en medio dun crecente pesar producido por mor do illamento e a incapacidade psicolóxica para se relacionar co mundo exterior, o cal levouno a ter episodios de gran desesperación nos que tiña pensamentos próximos ao suicidio.

Hesse comezou a traballar na novela en Basilea e continuou en Zúric, mais a versión definitiva da novela no foi publicada até 1927. O libro reflicte a profunda crise espiritual e emocional sufrida por Hesse na década dos anos 20,[1] mentres retrata a división do protagonista entre a súa humanidade e a súa aparencia lobuna, coa agresividade e o seu desarraigo.[2]

A novela converteuse nun éxito internacional a pesar de que Hesse, posteriormente, indicou que o libro fora mal interpretado de xeito xenérico.

Argumento[editar | editar a fonte]

O libro artéllase por medio duns manuscritos creados polo propio protagonista, Harry Haller, os cales son presentados ao lector por un coñecido de Harry, o sobriño da caseira, na introdución da obra. Neses manuscritos nárranse os problemas e a vida do protagonista e a súa difícil relación co mundo e consigo mesmo.

A novela consta de catro grandes partes: unha introdución, dúas anotacións do protagonista e o tractat do lobo estepario.

Introdución[editar | editar a fonte]

Na introdución, é o sobriño da dona da pensión onde Harry Haller (o que se nos presenta tamén como lobo estepario) aluga unha habitación e a alcoba contigua, o que nos fala sobre este personaxe. Dende o primeiro momento que o viu, quedou impresionado polo personaxe de Harry sen saber por que, e dá a súa versión dende un punto de vista psicolóxico, e tamén menciona un encontro nas escaleiras con Harry, onde este confésalle que sente unha melancolía cara a burguesía, aínda que tamén indiferenza, melancolía porque el foi criado nun ambiente así. Nunha ocasión, o convida a pasar a súa habitación onde só ve libros, viño, cigarros, e algúns cadros que vai rotando de vez en cando. O relato remata cando Harry marcha da pensión, e o narrador decide entrar na habitación e atopa unhas anotacións de Harry que decide publicar baixo a denominación de "O manuscrito encontrado".

Anotacións de Harry[editar | editar a fonte]

Na primeira parte das anotacións de Harry, ocorren os mesmos feitos que se presentaron ver na introdución pero dende o punto de vista de Harry, e descóbrense novos sucesos que non se percibían na introdución. A historia realmente comeza cando se atopa cunha porta onde se podía ler con dificultade “Teatro máxico, non para calquera. Só para tolos”.

Outro feito a destacar é o seu encontro cun misterioso home que levaba un anuncio nas costas, o cal non lle dixo nada, nin deu ningunha pista sobre unha “velada anarquista”, tan só lle entregou un papel que poñía “Tractat do lobo estepario, non para calquera”. As anotacións de Harry continúan despois deste "Tractat".

Tractat do lobo estepario[editar | editar a fonte]

Neste folleto fálasenos dun lobo estepario, máis ben dun humano que se sente un lobo estepario e que toma a súa personalidade, tamén do que en parte lle ocorre a Harry: a loita entre a súa alma humana e a do lobo. A do lobo representa todo o sanguinario, feroz, ... e a do home todo o intelixente, culto, amable, e o normal, por dicilo dalgún xeito. Tamén dásenos a entender que non é unha “batalla” entre a súa alma de lobo e a humana, senón entre moitas personalidades que usa en determinados momentos.

Anotacións de Harry[editar | editar a fonte]

Esta é a segunda parte que vén a continuación do tractat do lobo estepario. Primeiro sucede o encontro de Harry cun antigo profesor que o invita a cear na súa casa, e alí, a súa alma de lobo acaba vencendo a humana polo que desesperadamente marchou do encontro e botou a correr sen rumbo pola cidade, e acabou entrando nun bar, onde se tocaba música jazz, cousa que el odiaba; alí coñeceu a Hermine, quen o invitou a cear o seguinte martes. Harry, non parou de pensar nela, ata que chegou o encontro do martes. Hermine xunto con María e Pablo, introducírono nun mundo de sexo, drogas e música novo para el e chegou a coñecer unha parte de si mesmo que nunca experimentara.

Despois dunha festa, Pablo leva a Harry ó teatro máxico. O teatro máxico é un corredor en forma de ferradura, cun espello nun extremo e moitas portas grandes polo outro. Harry entra en cinco desas portas, que representan cada unha un capítulo distinto da súa vida e representa, en realidade, unha viaxe interna . Nese momento, coñecerá o verdadeiro Harry, e descubrirá que dependendo do momento terá que usar unha personalidade ou outra. Así, aparece o primeiro fracaso amoroso infantil que o vai afastar do amo, aprende a bailar tango, manter unha conversación con Mozart...

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Harry Haller, é o protagonista, un home de mediana idade
  • Pablo, un saxofonista, amigo de Hermine, o que coñecerá Harry
  • Hermine ou Hermione (nalgunhas traducións en español, aparece como Armanda), unha rapaza coa que Haller se reúne no baile
  • María, amiga de Hermine
  • Gustavo, o amigo da infancia de Harry que aparece ao final da novela.
  • O profesor e a súa esposa, un colega da universidade co que compartía gustos comúns na época
Esquema das relacións dos principais personaxes da obra

Análise crítica[editar | editar a fonte]

No prefacio da edición da novela de 1960, Hesse escribiu que Steppenwolf era "máis incomprendido e violento" que calquera dos outros libros seus. Hesse opinaba que os seus lectores se enfocaban tan só no sufrimento e a desesperación que se representaban na vida de Harry Haller, perdendo así a posibilidade da transcendencia e da curación.[3]

Influencia na cultura popular[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Muñoz Arteaga, Valmore. "Artesanos de la angustia: notas sobre literatura alemana de inicios del siglo XX". redalyc.org Red de Revistas Científicas de América Latina y el Caribe, España y Portugal. Arquivado dende o orixinal o 28-10-2018. Consultado o 28-10-2018. 
  2. Poplawski (2003), p. 176
  3. Halkin (1995), p. 126

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]