Deputados do Parlamento escocés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O de deputado ou deputada do Parlamento escocés (MSP, nas súas siglas inglesas; BPA nas gaélicas) é o título que reciben cada unha das 129 persoas escollidas para representar a cidadanía no Parlamento escocés.

Os deputados do Parlamento escocés escóllense por un dobre sistema de circunscricións e rexións, que mestura o sistema de elección directo e o proporcional. 73 deles son elixidos polo sistema directo, e 56 polo sistema proporcional adicional.

Os deputados ocupan os seus cargos de forma persoal, non en representación do partido polo que concorreron ás eleccións, polo que é frecuente que haxa máis independentes ao remate da lexislatura do que ao comezo. Se se produce no medio da lexislatura algunha vacante, ben por renuncia ben por falecemento, esta cúbrese de distinto xeito se o deputado ou deputada foi elixida polo sistema proporcional ou polo directo. Se provén do sistema directo, procédese a unha elección nesa circunscrición concreta, e para o período comprendido ata o remate da lexislatura. Se provén do sistema de listas rexionais, é o partido político ao que pertencía quen designa o seu ou a súa substituta, a partir da lista electoral presentada no seu momento.

Para os membros actuais do Parlamento escocés, véxase o artigo sobre deputados do Parlamento escocés, 2007-11