Deportivo Saprissa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deportivo Saprissa
Nome Deportivo Saprissa
Alcume(s) El monstruo, La "S", Los Morados
Fundación 16 de xullo de 1935
Estadio Estadio Ricardo Saprissa
Tibás, San José
Inauguración 27 de agosto de 1972
Capacidade 23.112
Propietario Horizonte Morado
Presidente Flag of Costa Rica.svg Juan Carlos Rojas Callán
Adestrador Flag of Brazil.svg Alexandre Guimarães
Liga Primeira División
2011
Vestimenta Joma
Patrocinador Bimbo
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Deportivo Saprissa é un club profesional de fútbol da localidade de Tibás, San José, fundado o 16 de xullo de 1935, que compite no torneo da Primeira División de Costa Rica.

Trátase dun dos clubs máis laureados do continente americano, con 29 campionatos de liga (récord), 5 Copas Interclubs da UNCAF (récord) e 3 Ligas de Campións da CONCACAF. Por todo iso, a IFFHS elexíu ó Deportivo Saprissa como mellor equipo do século XX da Concacaf, por diante doutros grandes equipos mexicanos ou norteamericanos. En 2005 acadou o 3º posto nesa edición da Copa Mundial de Clubs da FIFA, feito que non foi igualado por ningún outro equipo da Concacaf ate a actualidade.

O seu nome deriba dun dos seus fundadores: Ricardo Saprissa (1901-1990), un destacado xogador de fútbol (xogou 10 anos no RCD Espanyol) e de tenis (representou a España na Copa Davis e nos Xogos Olímpicos de 1924). En 1931 foi chamado polo seu irmán Rogelio para que o axudase na creación dun negocio textil en San José (Costa Rica), e Ricardo Saprissa marchou cara aló. Cando en 1935 algúns veciños da cidade quixeron crear un novo equipo, decidiron que ese equipo se chamase Saprissa FC coa idea de que él o patrocinase, cousa que accedeu a facer. Dende 1935 ate 1981 él foi o presidente do club.

O Deportivo Saprissa xoga os seus encontros como local no Estadio Ricardo Saprissa, situado 3'5 quilómetros ó norte do centro da cidade de San José. O estadio foi inaugurado o 27 de agosto de 1972, e ten capacidade para acoller a 23.112 seareiros nas súas bancadas. Este recinto recibe o alcume de "A Cova do Monstro". A Selección de fútbol de Costa Rica ten xogado neste estadio mais encontros que en ningún outro estadio.

O club mantén unha intensa rivalidade co LD Alajuelense e co Club Sport Herediano.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Continental[editar | editar a fonte]

Nacional[editar | editar a fonte]

  • Primeira División de Costa Rica (29) = 1952-53, 1953-54, 1957-58, 1962, 1964-65, 1965-66, 1967-68, 1968-69, 1969, 1972,1973, 1974, 1975-76, 1976, 1977-78, 1982, 1988-89, 1989-90, 1993-94, 1994-95, 1997-98, 1998-99, 2003-04, 2005-06, 2006-07, I-2007, V-2008, I-2008, V-2010
    • Subcampionatos (15) = 1950, 1955-56, 1958, 1959, 1961, 1963, 1966-67, 1970, 1971, 1984-85, 1991, 1992, 1996-97, 1999-00, 2002-03

Xogadores[editar | editar a fonte]

A "Ultra Morada" é o grupo organizado de seareiros do Dep. Saprissa.
Posto País Xogador
1 POR Flag of Costa Rica.svg Víctor Bolivar
2 DEF Flag of Costa Rica.svg Jordan Smith
4 DEF Flag of Costa Rica.svg José Mena
5 DEF Flag of Costa Rica.svg Alexander Robinson
6 MED Flag of Costa Rica.svg Yeltsin Tejeda
7 MED Flag of Costa Rica.svg Maikol Ortiz
8 MED Flag of Costa Rica.svg Walter Centeno (c)
9 DIA Flag of Costa Rica.svg Jorge Alejandro Castro
10 DIA Flag of Costa Rica.svg Alonso Solís
11 DIA Flag of Costa Rica.svg Allan Alemán
12 MED Flag of Costa Rica.svg Fernando Paniagua
13 POR Flag of Costa Rica.svg Fausto González
15 MED Flag of Costa Rica.svg Deyver Vega
16 DEF Flag of Costa Rica.svg Gabriel Badilla
17 DEF Flag of Costa Rica.svg Óscar Duarte
Posto País Xogador
19 DIA Flag of Costa Rica.svg Jairo Arrieta
20 MED Flag of Costa Rica.svg David Guzmán
21 DIA Flag of Costa Rica.svg Erick Scott
22 POR Flag of Costa Rica.svg Donny Grant
23 MED Flag of Costa Rica.svg Juan Bustos
24 DEF Flag of Costa Rica.svg Ricardo Blanco
25 MED Flag of Costa Rica.svg Manfred Russell
26 DIA Flag of Costa Rica.svg Daniel Colindres
27 DIA Flag of Costa Rica.svg César Elizondo
29 DEF Flag of Costa Rica.svg Fabián Rojas
30 DEF Flag of Costa Rica.svg Douglas Sequeira
32 DEF Flag of Costa Rica.svg Krasher Mooke
33 MED Flag of Costa Rica.svg Luis Diego Cordero
77 DIA Flag of Costa Rica.svg Mynor Escoe
- DEF Flag of Costa Rica.svg Kevin Arrieta

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]